27ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «27ª edición dos Oscar»)

A 27.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 30 de marzo de 1955 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Bob Hope e Thelma Ritter.

A lei do silencio igualou o récord de oito premios de Foise co vento e From Here to Eternity e foi o primeiro filme que conseguiu tres candidaturas ao mellor actor secundario. Dorothy Dandridge foi a primeira actriz afroamericana candidata á mellor actriz.

Premios[editar | editar a fonte]

Elia Kazan, mellor director
Grace Kelly, mellor actriz
Edmond O'Brien, mellor actor secundario
Eva Marie Saint, mellor actriz secundaria
Walt Disney, mellor longametraxe documental
Sammy Cahn, mellor canción

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión
Mellor argumento Mellor curtametraxe de animación
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción, un rolo Mellor curtametraxe de ficción, dous rolos
Mellor banda sonora, comedia ou drama Mellor banda sonora, musical
Mellor canción Mellor son
Mellor dirección de arte, branco e negro Mellor dirección de arte, cor
Mellor fotografía, branco e negro Mellor fotografía, cor
Mellor vestiario, branco e negro Mellor vestiario, cor
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Oscar honorífico[editar | editar a fonte]

Mellor filme en lingua non inglesa[editar | editar a fonte]

Controversias[editar | editar a fonte]

Brando recibiu o seu primeiro Óscar pola súa interpretación en A lei do silencio fronte ao favorito Bing Crosby. Porén, hoxe considérase que a vitoria de Brando é das máis merecidas da historia dos Óscar.[2] Logrou o premio na cuarta candidatura consecutiva, un récord non igualado.

Aínda máis sorprendente foi que Grace Kelly gañase o premio á mellor actriz. Judy Garland, a gran favorita por A Star Is Born, non puido asistir á cerimonia porque acababa de dar a luz o seu terceiro fillo. Leváronse cámaras ao seu cuarto para que puidese dar as grazas pola súa vitoria. Groucho Marx envioulle posteriormente un telegrama dicindo que a súa derrota era "o maior roubo dende o de Brink's".[3]

Outra gran sorpresa foi a vitoria da canción homónima do filme de 20th Century Fox Three Coins in the Fountain en lugar de "The Man That Got Away" de A Star Is Born.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 27th Academy Awards (1955) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-20. 
  2. Premiere. "100 Greatest Performances of All Time: 24-1". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 2008-12-23. 
  3. The Biographicon. "Judy Garland – Biography". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-14. Consultado o 2009-09-06. 
Predecesor:
26ª edición dos Óscar
Premios Óscar
27ª edición dos Óscar
Sucesor:
28ª edición dos Óscar