24 Hour Party People

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
24 Hour Party People
Título orixinal
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Michael Winterbottom
Produtor Andrew Eaton
Guión Frank Cottrell Boyce
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Steve Coogan
Paddy Considine
Danny Cunningham
Shirley Henderson
Lennie James
Sean Harris
Peter Kay
Música Liz Gallacher
Fotografía Robby Müller
Montaxe Trevor Waite
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Pathé (Reino Unido)
United Artists (EUA)
Ano Reino Unido, 5 de abril do 2002
Estados Unidos, 9 de agosto do 2002
Duración 117 min.
País Reino Unido Reino Unido
Xénero Drama, comedia
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

24 Hour Party People é unha película sobre a música da comunidade de Manchester entre 1977 e 1992, e especificamente sobre Factory Records. Foi escrita por Frank Cottrell Boyce e dirixida por Michael Winterbottom.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Comeza coa época punk rock, e acaba na escena "Madchester" de fins dos 80 e comezos dos 90. O narrador é Tony Wilson, líder de Factory Records (interpretado polo actor Steve Coogan), e a historia segue maioritariamente a súa carreira, ocupándose tamén dos principais grupos de The Factory, como Joy Division ou New Order, e tamén de A Certain Ratio, The Durutti Column ou Happy Mondays.

A película é unha dramatización basada nun conxunto de feitos reais, rumores, lendas urbanas e a imaxinación do guionista, como a película deixa claro. Nunha escea Howard Devoto (interpretado por Martin Hancock) ten relacións sexuais coa primeira muller de Tony Wilson, pero o verdadeiro Devoto, un extra na escena, dille á cámara: "I definitely don't remember this happening". A cuarta parede rómpese frecuentemente, con Wilson comentando frecuentemente á cámara os sucesos tal e como sucederon.

As escenas con actores son frecuentemente intermesturadas con imaxes reais dos concertos, como o dos Sex Pistols no Lesser Free Trade Hall en 1976.

O relato comeza a mediados dos 70 con Tony Wilson, reporteiro de Granada TV voando en ala-delta sen previo adestramento. Despois de ter varios golpes co chan, érguese e diríxese á cámara decindo que a escena é un símbolo do que é acadar varios niveis. Wilson non está satisfeito co seu traballo de reporteiro, decíndolle ó seu produtor: "I'm a serious fucking journalist ... I went to Cambridge".

En xuño de 1976 vai ó concerto que no Manchester Lesser Free Trade Hall dan os Sex Pistols (ían tocar tamén os Buzzcocks, pero finalmente non puideron). Se ben só foron 42 persoas, Tony cítao como un grande evento histórico.

Pola súa parte, Wilson, presentador do programa musical, So It Goes, decide deixar simplemente de amosar bandas no programa e comeza a promocionar concertos. Con amigos como o actor Alan Erasmus ou Rob Gretton, Wilson comeza unha serie semanal de concertos de punk rock nun clube de Manchester. Durante un concerto de Joy Division, Lindsay descobre a Tony mentras lle fan unha felación na furgoneta do dono do club, Don Tonay. Entón ela vai ó baño a ter relacións sexuais con Howard Devoto, dos Buzzcocks, e é tamén pillada por Tony. O auténtico Devoto aparece fregando o baño, e xírase á cámara e di: "I definitely don't remember this happening".

Wilson segue no negocio da música, e cos seus amigos funda Factory Records, sendo a primeira fichaxe Joy Division, liderados polo cantante Ian Curtis. Amosando a súa dedicación, Wilson prepara un contrato de gravación para a banda escrito co seu propio sangue onde dá ós artistas total liberdade sobre a súa música. O irascible produtor Martin Hannett é contratado para gravar a Joy Division, e se ben é difícil traballar con el –ordea ó batería que desmantele o equipo e o monte de novo no tellado do estudio– o resultado é o traballo dun xenio, e axiña Joy Division acadou unha boa gravación. Xusto antes de marcharen Joy Division de xira polos EUA, Ian Curtis suicídase aforcándose na súa cociña. Joy Division sobrevive á morte de Ian, e convértese en New Order, e grava o seu éxito Blue Monday.

Factory Records continúa coa construción do club The Haçienda. Por outra banda, os Happy Mondays asinan contrato coa discográfica no comezo da cultura do éxtase.

Malia todo, Factory Records perde moitos cartos entre The Haçienda e a promoción dos grupos. Nunha escena, Erasmus di que o selo perde 5 peniques por cada copia do Blue Monday que se vende, polo alto prezo do deseño de Peter Saville. Saville tamén deseña os carteis, entradas ou panfletos do club, ás veces entregándoos despois de que os eventos teñan lugar. The Factory é vendida a London Records para intentar salvala, pero ó saberse que no momento non tiña contratos válidos cos artistas, a venda cancélase.

Outros problemas, como o abuso das drogas por parte de Shaun Ryder, durante a gravación do cuarto álbum de estudio dos Happy Mondays, Yes Please!, que ameaza cunha pistola a Wilson para que lle dea cartos. Cando escoitan a copia orixinal, Wilson decátase de que Ryder, ó que definira como "o maior poeta desde Yeats", non foi quen de escribir as letras das cancións, polo que todo o álbum, gravado nas Barbados cun alto custo, é instrumental.

Hannett tamén é impredecible, disparando a Wilson cunha pistola. Decide deixar Factory Records, e tras ter problemas co alcohol e as drogas, morre ós 42 anos. Malia todo, tamén aparecen os problemas persoais de Wilson, como o divorcio con Lindsay, o seu segundo matrimonio, os problemas coas drogas ou as dificultades profesionais. Di que é unha personaxe secundaria na súa propia historia. É máis importante a historia da música e a do propio Manchester.

Reparto[editar | editar a fonte]


Cameos[editar | editar a fonte]

Moita xente fai cameos na película, entre eles:

Banda sonora[editar | editar a fonte]

A banda sonora da película 24 Hour Party People inclúe temas dos grupos asociados a Factory Records que aparecen no film, como os Happy Mondays, Joy Division (despois New Order) ou The Durutti Column. Tamén aparece a banda de Manchester Buzzcocks, así como The Clash. O álbum comeza con "Anarchy in the U.K.", dos Sex Pistols, a banda que levou a Tony Wilson a fundar Factory Records.

Algunhas cancións foron regravadas para o álbum, como "New Dawn Fades" dos Joy Division, no concerto de New Order con Moby e Billy Corgan.

Cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Anarchy in the U.K." (Sex Pistols) – 3:33
  2. "24 Hour Party People (Jon Carter Mix)" (Happy Mondays) – 4:30
  3. "Transmission" (Joy Division) – 3:36
  4. "Ever Fallen in Love?" (Buzzcocks) – 2:42
  5. "Janie Jones" (The Clash) – 2:06
  6. "New Dawn Fades" (Moby e Billy Corgan con New Order) – 4:52
  7. "Atmosphere" (Joy Division) – 4:09
  8. "Otis" (The Durutti Column) – 4:16
  9. "Voodoo Ray" (A Guy Called Gerald) – 2:43
  10. "Temptation" (New Order) – 5:44
  11. "Loose Fit" (Happy Mondays) – 4:17
  12. "Pacific State" (808 State) – 3:53
  13. "Blue Monday" (New Order) – 7:30
  14. "Move Your Body" (Marshall Jefferson) – 0:44
  15. "She's Lost Control" (Joy Division) – 4:44
  16. "Hallelujah (Club Mix)" (Happy Mondays) – 5:40
  17. "Here To Stay" (New Order) – 4:58
  18. "Love Will Tear Us Apart" (Joy Division) – 3:24

Outras cancións no film[editar | editar a fonte]

Trivia[editar | editar a fonte]

  • Unha novelización, 24 Hour Party People, basada no guión, foi escrita por Tony Wilson e lanzada no 2003. Quizais o primeiro exemplo de que unha biografía escrita pola propia persoa non ten que ser, tecnicamente, unha autobiografía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]