2010 AB78
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Campo estelar fotografiado polo observatorio espacial WISE no que se atopa 2010 AB78 (o punto roxo no centro da imaxe).
2010 AB78 é un asteroide de tipo NEO descuberto en 2010.[1] É o primeiro descuberto polo observatorio espacial WISE dos moitos miles que se calcula que descubrirá ó longo da súa vida útil.[2]
A primeira observación de 2010 AB78 por WISE tivo lugar o 12 de xaneiro de 2010, sendo reobservado un día máis tarde. O observatorio de Mauna Kea observouno os días 18 e 19 de xaneiro, permitindo ó Minor Planet Center emitir unha circular o día 22 confirmando o descubrimento.[2] O asteroide mide aproximadamente 1 km de diámetro.[3]
Notas [editar]
- ↑ "MPEC 2010-B33". Minor Planet Center. 22 de xaneiro de 2010. http://www.cfa.harvard.edu/mpec/K10/K10B33.html.
- ↑ 2,0 2,1 Lakdawalla, Emily (22 de xaneiro de 2010). "WISE bags its first near-Earth object, 2010 AB78" (en inglés). http://www.planetary.org/blog/article/00002316/. Consultado o 23 de xaneiro de 2010.
- ↑ "The First Of Many Asteroid Finds For WISE" (en inglés). 25 de xaneiro de 2010. http://www.spacedaily.com/reports/The_First_Of_Many_Asteroid_Finds_For_WISE_999.html. Consultado o 26 de xaneiro de 2010.