091

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
091
OrixeGranada, Andalucía, España
Período1981 - 1996, 2015-
Xénero(s)rock
Selo(s) discográfico(s)DRO, Zafiro, Polygram, Big Bang
MembrosJosé Ignacio García Lapido
José Antonio García
Tacho González
Víctor García Lapido
Jacinto Ríos
Antigos membrosAntonio Arias
Na rede
ceronoventayuno.com
Spotify: 0A6WBpDrr0afYnqRMvc7OC iTunes: 1207155016 Musicbrainz: 7456e258-77f9-42b2-85e7-0d44e76abe04 Songkick: 8679499 Discogs: 1332792 Allmusic: mn0001380980 Deezer: 4907 Editar o valor em Wikidata

091 é un grupo de rock andaluz, orixinario de Granada, activo entre 1982 e 1996, e reformado no 2015. O seu nome facía referencia ao teléfono de tres cifras que, en España, serve para contactar coa policía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo formárase a partir do grupo Al-Dar no que participaban José Ignacio Lapido y Tacho, pero non conseguiron publicar máis que un disco single e acabou por desaparecer.[1]

A banda deu os seus primeiros concertos por toda Andalucía a comezos dos anos 80, e ao pouco tempo comezaron a tocar en Madrid e a gravar os seus primeiros sinxelos.

O seu primeiro álbum, Cementerio de automóviles, editouse en 1984 a través do selo DRO. Abandonaron esa discográfica, e o seu segundo disco, Más de cien lobos, sería lanzado en 1996 por Discos Zafiro. Na produción deste último traballo participou Joe Strummer, compoñente de The Clash, que pasara tempadas vivindo en Granada e fixérase amigo dos membros de 091.

Os seguintes traballos con Discos Zafiro foron Debajo de las piedras (1988) e Doce canciones sin piedad (1989). O baixista Antonio Arias deixou a formación despois da gravación deste para emprender un novo proxecto con Lagartija Nick.

En 1991, a banda regresou como trío co álbum El baile de la desesperación, máis comercial e no que colaborou o guitarrista Chris Wilson, membro de Flamin' Groovies. O seu seguinte traballo, Tormentas imaginarias, apareceu en 1993 a través da multinacional Polydor e, despois de non acadar o éxito desexado, gravarían o que o seu derradeiro disco de estudio, Todo lo que vendrá después, co selo independente andaluz Big Bang.

En 1996, despois de 15 anos de traballo, o grupo deu o seu derradeiro concerto en Maracena (Granada), plasmándose este directo nun disco dobre chamado Último concierto.[2]

Reaparición[editar | editar a fonte]

O 26 de outubro de 2015, tras case vinte anos de parón, o grupo decidiu facer pública a súa decisión de retorar aos escenarios. A primeira actuación realizouse en xaneiro de 2016 en Logroño dentro da programación do Festival Actual.[3] Posteriormente, realizaron outras actuacións e tocaron no Sonorama, en agosto de 2016. O mes seguinte, saíu o último traballo en directo, gravado o 14 de maio na praza de touros de Granada, con vinte e sete cancións nun dobre CD, con DVD e coa posibilidade de mercar tamén o vinilo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O grupo foi recoñecido como Artista do ano 2016 polos críticos de música do xornal El País.[4] O 10 de outubro de 2017, o grupo recibiu na gala Granada Ciudad del Rock, a Púa de Prata da cidade.[4]

Membros[editar | editar a fonte]

  • José Ignacio García Lapido - Guitarra e compositor
  • José Antonio García - Voz e harmónica
  • Tacho González - Batería
  • Víctor García Lapido - Guitarra
  • Jacinto Ríos - Baixo

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

Colaboradores[editar | editar a fonte]

  • Ángel Doblas - Baixo (1988)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Ceronoventayuno (1996)
  • 1986-1991 (1998)
  • ¿Qué fue del siglo XX? (2001)
  • Este es nuestro tiempo (2016)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "091". historiasderock.es.tl. Arquivado dende o orixinal o 11-12-2018. Consultado o 10-12-2018. 
  2. Valle, Josemi (01-06-2011). "Quince años después del adiós de 091". efeeme.com. Consultado o 10-12-2018. 
  3. Navarro, Fernando (04-01-2016). "El rock de 091 vuelve a rugir dos décadas después". elpais.com. Consultado o 10-12-2018. 
  4. 4,0 4,1 Navarro, Fernando (12-10-2017). "091, patrimonio de Granada, patrimonio popular". elpais.com. Consultado o 10-12-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Varios autores (2000). Pop español. El pop español de la «A» a la «Z» (pág. 43). España: Ediciones Orbis. ISBN 84-402-2509-1. 

Ligazóns extermas[editar | editar a fonte]