(145480) 2005 TB190

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(145480) 2005 TB190
Descubrimento[1]
Descuberto por Becker, A. C., Puckett, A. W., Kubica, J.
Descuberto dende o Observatorio Apache Point
Descuberto o 11-10-2005
Designación do Mpc (145480) 2005 TB190
Categoría no Mpc Obxecto distante (DES)[2]
Características orbitais[1]
Época= 30-11-2008
Afelio 106,54 UA (Q)
Perihelio 46,21 UA (q)
Eixo semi-maior 76,38 UA (a)
Excentricidade 0,3949
Período orbital 667,59 ax
Inclinación 26,45°
Anomalía media 355,8° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 180,4°
Argumento do perihelio 171,0°
Características físicas
Diámetro 372,5 ± 37,5 km[3]
Masa ~6 x 1019 kg
Densidade 2,0 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial 0,1 m/s²
Velocidade de escape 0,2 km/s
Albedo 0,12–0,20[3]
Tipo espectral B-V=0,98
V-R=0,56[4]
Magnitude absoluta 4,6[3]

(145480) 2005 TB190, provisionalmente designado coma 2005 TB190, é un obxecto trans-neptuniano (TNO) cunha magnitude absoluta de 4,7.[1] Feito que o coloca coma un posible candidato a planeta anano.

Órbita[editar | editar a fonte]

(145480) 2005 TB190 está clasificado coma obxecto distante polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) dende que se coñece cá súa órbita está moito máis aló da posible influencia gravitacional de Neptuno.[2] Aínda que se Neptuno migrase cara o exterior, este podería ter algunha influencia sobre (145480) 2005 TB190 se a órbita de Neptuno fose moi excéntrica. O afelio de 2005 TB190 está a máis de 106 UAs.[3]

Simulacións feitas por Emel’yanenko e Kiseleva no ano 2007 amosan a (145480) 2005 TB190 con menos do 1% de posibilidades de estar nunha resonancia orbital de 4:1 con Neptuno.[5]

Foi observado 156 veces en 7 oposicións distintas.[1] Chegará ó seu perihelio no ano 2016.[1]

Características físicas[editar | editar a fonte]

No ano 2010, a emisión termal de 2005 TB190 no infravermello profundo foi medida polo Telescopio Espacial Herschel. Coma resultado destas medicións, o rango estimado do seu tamaño vai dos 335 ós 410 km.[3] No espectro visible, 2005 TB190 ten un toque vermello.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]