ʻEua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «'Eua»)
Eua
Vista da illa
'Eua, a illa máis pequena, preto de Tongatapu a máis grande
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1996) 4 934 hab.
Superficie 87,44 km²
Densidade
Coordenadas 21°23′15″S 174°56′02″O / -21.38750, -174.93389
Maior Altura 383 m.
Localización
localización
Bosque tropical en 'Eua

´Eua é unha illa de Tonga, a illa irmá de Tongatapu situada a 18 km ao sueste.

A diferenza das outras illas de Tonga, 'Eua é unha illa volcánica montañosa que se eleva na parte oriental a 383 m. Ten 19 km de longo e 7,5 km de ancho, cunha superficie total de 87,44 km². É unha das illas máis antigas do Pacífico producindo unha terra rica para a agricultura e un bosque tropical con especies endémicas.

Xeograficamente é do grupo de Tongatapu. Administrativamente forma unha división con dous distritos: 'Eua Proper e 'Eua Fo'ou.

A poboación total no censo de 1996 era de 4 934 habitantes. As vilas de 'Eua teñen unha poboación de diferentes orixes: Houma, 'Ohonua (a capital), Tufuvai e Pangai son orixinarios de 'Eua; as nove vilas do distrito de 'Eua Fo'ou foron fundadas por emigrantes de Niuafo'ou cando o volcán entrou en erupción en 1946; Ha'atu'a e Kolomaile son de poboación emigrada de 'Ata que escapaba dos negreiros peruanos do século XIX; 'Ahau é de població emigrada de Tongapatu e Ha'apai.

Unha lenda explica que Sinilau levou a Hina de Samoa a Tongatapu. Un polbo raptouna e Sinilau viu como as dúas cabezas ían flotando cara á a illa veciña. O nome ´e ua significa os dous.

'Eua foi descuberta en 1643, polo holandés Abel Tasman que a bautizou como Middelburg Eylandt como a cidade de Middelburgo nos Países Baixos.

Mapa de 'Eua
Mapa de 'Eua