Železnik Hall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Železnik Hall
KK Železnik
Flag of Serbia.svg Železnik
Datos
Localización Belgrado
Construción
Inauguración 1 de xuño de 1973
Estadio
Capacidade 3.000 espectadores
Localía KK Železnik (NLB)

O Železnik Hall é un pavillón de baloncesto situado no barrio de Železnik en Belgrado, Serbia. A cancha é actualmente fogar do KK FMP Železnik.

A cancha de baloncesto ten tres niveles e un área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.