Šarūnas Marčiulionis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Šarūnas Marčiulionis
Posición Escolta
Dorsal 13
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Nacemento 13 de xuño de 1964 (59 anos)
Unión Soviética Kaunas, Lituania, URSS
Carreira
NBA Draft 1989 / Rolda: 6 / Elección: 127
Por Golden State Warriors
Tempadas 19831997
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 631 (12,8 pp)
Asistencias     819 (2,3 pp)
Rebotes     807 (2,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Raimondas Šarūnas Marčiulionis, nado o 13 de xuño de 1964 en Kaunas, Unión Soviética (agora Lituania) é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 1,96 metros, foi un dos primeiros europeos en xogar con regularidade na NBA, permanecendo nela durante sete tempadas.

Tamén é coñecido pola súa implicación co baloncesto lituano, axudando á construción da súa selección nacional ademais de ser fundador da Liga de baloncesto de Lituania (Lietuvos Krepšinio Lyga) e da Liga de Baloncesto do Norte de Europa (NEBL), a cal sería posteriormente absorbida pola actual Liga de Baloncesto do Báltico. Actualmente é un dos homes de negocios máis importantes do seu país.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Nado en Kaunas, comezou a xogar profesionalmente na cidade de Vilnius, entón pertencente á URSS, no equipo do Statyba Vilnius. Comezou no club con tan só 17 anos, en 1981, permanecendo alí até o ano 1989, cando decide dar o salto á NBA. Isto converteuno no primeiro xogador lituano en facelo.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi un fixo nas seleccións nacionais da URSS a finais dos anos 1980 e da de Lituania na década de 1990. Coa URSS, xunto co seu compatriota Arvydas Sabonis, gañaron a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, ademais da medalla de prata nos Campionatos de Europa de Baloncesto celebrados en Grecia en 1987.

Con Lituania, gañou o bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996,[1] ademais dunha nova medalla de prata no europeo de 1995.[2]

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido polos Golden State Warriors na sexta rolda do Draft da NBA de 1987, quen tiveron que esperar dous anos para que se incorporase ao equipo, na tempada 1989-90. Alí xogou durante catro tempadas, sendo finalista en dúas ocasións ao premio do Mellor Sexto Home da NBA, en 1991 e 1992. Ese ano do 92 foi o mellor da súa carreira, tras facer medias de 18,9 puntos e 3,4 asistencias por partido.

Tras perderse un ano completo de competición por mor dunha grave lesión no xeonllo, foi traspasado a Seattle SuperSonics, onde o seu nivel de xogo baixou ostensiblemente. Ao ano seguinte foi traspasado a Sacramento Kings, finalizando a súa carreira na NBA nos Denver Nuggets, na tempada 1996-97. No total da súa carreira en Estados Unidos fixo medias de 12,8 puntos, 2,3 rebotes e 2,2 asistencias.

Equipos[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
Unión Soviética Unión Soviética
Xogos Olímpicos
Ouro Seúl 1988 Unión Soviética
Eurobasket
Bronce Francia 1987 Unión Soviética
Lituania Lituania
Xogos Olímpicos
Bronce Barcelona 1992 Lituania
Bronce Atlanta 1996 Lituania
Eurobasket
Prata Grecia 1995 Lituania

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]