Şivan Perwer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Şivan Perwer. Concerto en Malmö, Suecia, 2005.

Şivan Perwer, nado en 1955 é un cantante, poeta e intérprete de saz curdo. Trátase dun dos artistas curdos máis coñecidos.

[editar] Traxectoria

Fillo de músicos, Silvan fíxose famoso, cando era un estudante de matemáticas, durante as protestas curdas contra o réxime iraquí que se realizaron na Universidade de Ancara en 1972, ao acudir milleiros de persoas súas actuacións en directo. En 1976 temendo pola súa vida e a da súa familia exiliouse en Alemaña e alí gravou o seu primeiro álbum de cancións tradicionais curdas. Durante moitos anos as súas cancións estiveron prohibidas en Iraq, Irán e Turquía por estar en curdo, malia iso, a pesar do risco de acabar na cadea ou executado, as casetes coa súa música pasaban de man en man por todo o Curdistán. Mesmo hoxe en Turquía só están permitidas as súas cancións de amor.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas