Łukasz Piszczek
Piszczek co Hertha BSC en 2009 |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Łukasz Piszczek | ||
| Nacemento | 3 de xuño de 1985 (28 anos) | ||
| Lugar | Czechowice-Dziedzice, Polonia | ||
| Altura | 1,84 m. | ||
| Posición | Lateral dereito | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Borussia Dortmund | ||
| Número | 26 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| LKS Goczałkowice-Zdrój | |||
| 2001–2004 | Gwarek Zabrze | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2004–2010 | Hertha BSC | 68 | (3) |
| 2004–2007 | → Zagłębie Lubin (cedido) | 70 | (15) |
| 2010– | Borussia Dortmund | 81 | (5) |
| Selección nacional | |||
| 2008– | Polonia | 31 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 16 de decembro de 2012. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 18 de outubro de 2012. |
|||
Łukasz Piszczek, nado o 3 de xuño de 1985 en Czechowice-Dziedzice, é un futbolista polaco. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o Borussia Dortmund. Anteriormente, xogou no Hertha BSC e no Zagłębie Lubin. Ademais, é internacional na selección de Polonia.
Índice |
Traxectoria[editar]
Club[editar]
En 2001, Piszczek chegou ao Gwarek Zabrze, co cal gañou o campionato junior polaco en 2003. En 2004, convertiuse no máximo goleador do Campionato de Europa sub-19, e xusto despois asinou co Hertha Berlin, sendo inmediatamente cedido ao Zagłębie Lubin. Co Zagłębie, gañou a liga polaca na tempada 2006–07, e xogou principalmente de interior esquerdo, aínda que tamén foi utilizado coma dianteiro centro en varias ocasións. Anotou 11 goles na tempada 2006–07, sendo o segundo máximo goleador do equipo.
En outono de 2007, o Hertha chamou ó xogador de volta. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 26 de abril de 2008, dándolle o empate ó seu equipo contra o Hannover 96. Na súa segunda tempada comezou a xogar de lateral dereito.
O 19 de maio de 2010, foise gratis ao Borussia Dortmund, asinando un contrato ata xuño de 2013.[1] O 26 de xullo de 2011, asinou unha extensión do seu contrato ata xuño do ano 2016.[2]
Selección[editar]
Piszczek fixo a súa primeira aparición coa selección de Polonia nun amigable contra Estonia o 3 de febreiro de 2007. O 6 de xuño de 2008, foi incluído no plantel polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008. Tan só xogou un partido contra Alemania, pero se lesionou na sesión de adestramento para o seguinte partido, e non participou en ningún encontro máis.
Foi incluído tamén no plantel da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.
Palmarés[editar]
Club[editar]
- Zagłebie Lubin
- Ekstraklasa: 1
-
- 2006–07
- Borussia Dortmund
- Bundesliga: 2
-
- 2011–12
Notas[editar]
- ↑ Fligge, Sascha (19 de maio de 2010). "BVB: holt Lukasz Piszczek" (en alemán). Ruch Nachrichten. http://www.ruhrnachrichten.de/sport/bvb/bvbnews/art11635,912349. Consultado o 19 de maio de 2010.
- ↑ "Piszczek agrees extension". SkySports. 26 de xullo de 2011. http://www.skysports.com/story/0,19528,11881_7063325,00.html. Consultado o 3 de agosto de 2011.