Český sen
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Český sen | |
|---|---|
| Título orixinal | Alien |
Xente dirixíndose cara ao hipermercado ficticio |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Vít Klusák Filip Remunda |
| Produtor | Česká televize FAMU Hypermarket Film Studio Mirage |
| Guión | Vít Klusák Filip Remunda |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | |
| Música | Varhan Orchestrovich Bauer |
| Fotografía | Vít Klusák Filip Remunda |
| Montaxe | Zdeněk Marek |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 3 de xuño de 2004 |
| Duración | 90 minutos |
| País | República Checa |
| Xénero | Documental |
| Orzamento | 19 millóns de coroas checas |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Český sen (en checo O soño checo) é un filme documental dirixido por Vít Klusák e Filip Remunda, estreado en febreiro 2004. Narra un engano a grande escala levado a cabo polos propios directores entre a sociedade de Praga, culminando no evento de apertura dun falso hipermercado. O filme era o seu proxecto final para a escola de filme na que estudaban.
O filme acadou premios en festivais en Cracovia, Jihlava, Ljubljana e Århus.
Índice |
O proxecto [editar]
A idea do engano veu desde un estudo feito en 2002, informando que o 30 % dos checos mercaba principalmente nos hipermercados. Houbo unha crecente preocupación no país sobre o aumento da publicidade e do consumismo. Ao xeito dun espello que reflexase a sociedade, o filme tamén mostra o traballo das empresas publicitarias e os seus métodos e trucos.
Trama [editar]
A película comeza con imaxes de arquivo de 1989, cando a caída do comunismo en Checoslovaquia.
Publicidade [editar]
Remunda e Klusák inventaron o Hipermercado "Český sen" e crearon unha campaña publicitaria masiva arredor del. Vestidos coma empresarios, os dous estudantes contrataron unha axencia de publicidade e unha axencia de relacións públicas para crearen unha campaña para eles. Instaláronse cartaces grandes e paneis luminosos nas estradas e rúas checas, e 200.000 panfletos foron distribuídos en Praga. Gravouse un jingle e fíxose unha serie de anuncios televisivos. A campaña publicitaria buscaba un impacto no lector, con slogans coma "non veña" ou "non gaste".
Os directores lograron levar a 3.000[1] compradores a unha chaira baleira para a súa "apertura espléndida" o 31 de maio de 2003. O que parecía un edificio enorme desde unha certa distancia, era só unha fachada de tea apoiada por andamios.
Malia que a inauguración estaba prevista para as 10 da mañá, a primeira clienta chegou 3 horas antes. A afluencia de xente foi aumentando, debido á coincidencia cun eclipse de Sol que tivo lugar esa mañá e que animou á xente a saír da casa.
A revelación do engano [editar]
Antes da inauguración repartíronse agasallos entre os asistentes (bandeiras e chaveiros), e un mestre de cerimonias desde unha palestra animaba á concurrencia a cantar o jingle. Os directores, ficticios xerentes do hipermercado, cortaron unha fita e a xente comezou a dirixirse cara ao hipermercado (algunhas persoas mesmo correndo), situado a uns 300 metros.
Ao se decataren os clientes do engano, as reaccións foron moi diferentes. Houbo quen entendeu a mensaxe da película e quen non. Algúns tomaron a brincadeira con bo humor, mais a maioría estaba enfadada, e moitos culpaban mesmo ao goberno e á Unión Europea.
Notas [editar]
- ↑ Czech Television, 14 de maio de 2007.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Czech Dream, páxina oficial da película (en inglés).
- Artigo en www.economist.com (en inglés).