Óscar Guimeráns Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óscar Guimeráns
Información persoal
Nome Óscar Guimeráns Rodríguez
Nacemento 31 de outubro de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Pontevedra
Altura 1,74 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Portonovo
Carreira xuvenil
ACD A Seca
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2006 Deportivo B
2006–2007 Portonovo 37 (10)
2007–2009 Pontevedra 41 (2)
2009– Portonovo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Óscar Guimeráns Rodríguez, nado en Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra) o 31 de outubro de 1986, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Portonovo SD.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores da ACD A Seca, onde estivo ata os 14 anos. Probou sorte no Valencia CF, pero non se adaptou e ó pouco regresou a Galiza, indo ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Permaneceu cinco campañas nas súas filas, chegando a debutar na Terceira División co Deportivo B na tempada 2005–06, co que loitou por ascender a Segunda División B en 2006.

Un ano máis tarde incorporouse ao Portonovo SD, converténdose en fixo nas aliñacións do club. Xogou 37 partidos nos que anotou 10 goles e deu 9 asistencias, rematando a tempada na oitava posición.

No verán de 2007 optou por fichar polo Pontevedra CF, en Segunda División B.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]