Óscar Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Óscar Cervantes
Posición Escolta
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 81 kg (179 lb)
Nacemento 13 de maio de 1969 (54 anos)
España Barcelona, España
Carreira
Tempadas 19872000
Canteira Espanyol
Internacional 2 veces
Equipo(s)
Grupo IFA RCD Español (1987–1988)
CB Granollers (1988–1993)
CB Breogán (1993–1995)
Festina Andorra (1995–1997)
Ovarense (1997−1998)
Tarragona (1998−2000)
CB Granollers (2002–2003)
Estatísticas (ACB)
Puntos     2 093 (7,5 pp)
Asistencias     344 (1,2 pp)
Triplas     254 (37%)
Premios
Concurso de triplas da ACB (1991)

Óscar Cervantes Gisbert, nado o 13 de maio de 1969 en Barcelona é un xogador profesional internacional de baloncesto catalán. Procedente da canteira do Espanyol, cunha altura 1,93 metros xogaba na posición de escolta. Está considerado como un dos mellores tiradores da historia da ACB.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A saga Cervantes leva tres xeracións xogando no CB Granollers, antigo "Cacaolat" e "Grupo IFA". O pai de Óscar Cervantes (Juanjo) e o seu fillo Pol Cervantes, tamén xogador do CB Granollers. Cabe destacar que foi o primeiro gañador español do concurso de triplas do All-Star da ACB, derrotando na final de Madrid de 1991 a Bryan Jackson.

Era coñecido no mundo ACB pola súa boa e rápida mecánica de tiro. Especialista en finalizar os contraataques en tiros de tripla. Deuse a casualidade que no ano 1991 o Club Basquet Granollers contaba nas súas filas co campión ACB de triplos 1991 e o campión de mates NBA 1989 e da ACB 1991 Kenny Walker.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mellores bonecas da ACB" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 17 de maio de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]