Île aux Cochons
| Illa dos Porcos | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | Crozet |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 67 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 46°06′S 50°14′E / 46.1°S 50.233°E |
| Maior Altura | 770 m. Mont Richard-Foy |
| Localización | |
A Illa dos Porcos (en francés:Île aux Cochons) é unha illa pertencente ao arquipélago das illas Crozet, un territorio subantártico situado ao sur do Océano Índico e administrado por Francia. Forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Por mor da erosión das ondas o seu litoral está caracterizado por cantiis que dificultan o acceso á illa, fóra da zona do cabo Verdoyant.
Actividade volcánica [editar]
Os estudos sobre a vulcanoloxía da illa foron efectuados no ano 1981 por G. Boudon.
A illa é un estrato volcánico de tipo central, do mesmo xeito que as illas de San Pablo e Amsterdam, sendo a maior altitude o cráter de Richard-Foy (770 metros). Parece que a illa formouse durante dúas fases distintas de actividade volcánica.
- Primeira fase: Depósitos e formacións de 400 m nas orientacións este-nordés e oeste-suroeste do norte da illa (zona chamada de Les Cinq Géants, e ao sur-sueste e norte-noroeste ao sur da illa (Pointe Sud).
- Segunda fase: Producida logo da tectónica da fálla, pola axitación da caldeira do monte Richard-Foy, unha pequena caldeira axial aberta ao sur. Fai máis de 5.500 anos a caldeira, así como varios conos presentes nas súas inmediacións, estivo activa.
Aínda hoxe os volcáns permanecen potencialmente activos.
Fauna [editar]
A fauna consiste esencialmente en aves (pingüíns e albatros) e mamíferos mariños (otarios e elefantes mariños. As saia sur do volcán, ao nivel do cabo Verdoyant, alberga unha das concentracións máis importantes de pingüíns reais.
Notas [editar]
- O artigo é unha tradución de Île aux Cochons (Crozet), de Wikipedia en Español.