Índice de masa corporal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Índice de Masa Corporal (ou corpórea, IMC, siglas én inglés: BMI -Body Mass Index-), tamén coñecido como índice de Quetelet (Lambert Adolphe Jacques Quételet), é un número que pretende determinar, a partir da estatura e o peso, o rango máis saudable de peso dunha persoa. Utilízase como indicador nutricional desde principios de 1980. O IMC resulta da división da masa en quilogramos entre o cadrado da estatura expresada en metros.

\mbox{IMC} = \frac{peso(kg)}{altura^2(m)}

Por exemplo, se alguén ten unha masa ('pesa') 70 kg e mide 1.7 m, o IMC será:


\mbox{IMC} = \frac{70}{(1.7)^2}


\mbox{IMC} = \frac{70}{2.89} = 24.22


En adultos acostuma establecerse un rango de 18-25 como saudable (O IMC en nenos é específico para idade e sexo, ver táboas CDC-2000). Un IMC por baixo de 18,5 indica desnutrición ou algún problema de saúde, mentres que un IMC superior a 25 indica sobrepeso. Máis de 30 considérase obesidade leve, e por riba de 40 hai 'obesidade mórbida' podendo requirir unha operación cirúrxica.

Estes rangos aplícanse a persoas entre 25 e 34 anos, e aumentan nun punto por cada dez anos por riba de 25. Así, un IMC de 28 é normal para persoas de 55-65 anos.

Clasificación da OMS do IMC[editar | editar a fonte]

  • < 16 : Criterio de ingreso
  • 16 a 17: Infrapeso
  • 17 a 18: Baixo peso
  • 18 a 25: Peso normal (Saudable)
  • 25 a 30: Sobrepeso (Pre-obesidade)
  • 30 a 35: Sobrepeso crónico (Obesidade grao I)
  • 35 a 40: Obesidade premórbida (Obesidade grao II)
  • >40: Obesidade mórbida (Obesidade grao III)

(A notar que tódalas clasificacións deste estilo son relativas, e pode haber lixeiras diferenzas entre elas.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]