Ígor Stravinski
| Ígor Stravinski | |
Ígor Stravinski. |
|
| Nome completo | Ígor Fiodorovich Stravinski |
| Data de nacemento | 17 de xuño de 1882 |
| Lugar de nacemento | Oranienbaum (actualmente Lomonosov |
| Data de falecemento | 6 de abril de 1971 |
| Lugar de falecemento | Nova York |
| Instrumento(s) | Piano |
| Composicións máis destacadas | L'oiseau de feu (1910) Petrouchka Le Sacre du printemps |
| Parella/s |
|
Ígor Fiodorovich Stravinski (en ruso Игорь Фёдорович Стравинский, transliterado Igor' Fjodorovič Stravinskij), nado o 17 de xuño de 1882 en Lomonosov e morto o 6 de abril de 1971 en Nova York, foi un pianista, director de orquestra e compositor ruso (naturalizado francés en 1934, e posteriormente americano en 1945) , considerado por moitos como un dos máis importantes e influentes do século XX.[1][2][3][4] Foi o arquetipo do ruso cosmopolita, escollido pola revista Time como unha das 100 persoas máis influíntes do século.[5]
Índice |
Traxectoria [editar]
A súa obra abrangue gran cantidade de estilos e formas, compuxo óperas, sinfonías, pequenas pezas para piano e mesmo obras para grupos de jazz. Stravinski adquiriu fama internacional con tres balé que lle encargou o empresario musical Sergei Diaghilev para a súa compañía Ballets Russes de París, estes balés son atrevidos e innovadores, practicamente reinventando o xénero, e continúan a ser hoxe as súas obras máis coñecidas: O paxaro de lume (1910), Petrushka (1911/1947) e A consagración da primavera (1913), no estreo desta última producíronse disturbios e chegou a transformar a estrutura rítmica dos compositores posteriores, ademais de ser a responsable da reputación de Stravinski como un revolucionario musical.
Despois da súa primeira fase rusa, Stravinski volveu ó neoclasicismo na década de 1920, as obras deste período tenden a facer uso das formas musicais tradicionais (concerto grosso, fuga, sinfonía), recubertas cun veo de emoción intensa con aparencia de austeridade ou distanciamento, con frecuencia pagando tributo á música dos mestres anteriores como Bach e Tchaikovski.
Na década de 1950 adoptou procedementos serialistas, usando estas novas técnicas durante os seus últimos vinte anos en activo, estas composicións comparten a enerxía rítmica, a construción de ideas melódicas, a claridade da forma e a instrumentalización e expresión vocal coas súas obras anteriores.
Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía Chronique de ma vie coa axuda de Walter Nouvel, nesta obra Stravinski incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de Alexis Roland-Manuel e Piotr Souvtchinski escribiu as leccións maxistrais que deu na Universidade Harvard no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro Poétique musicale.
Obra [editar]
- Artigo principal: Lista de composicións de Ígor Stravinski.
A carreira compositiva de Stravinski pode dividirse, a grandes rasgos, en tres períodos estilísitcos:
Período ruso (c. 1908 – 1919) [editar]
O primeiro período estilístico de Stravinski (que exclúe algunhas das súas obras menores temperás) comeza con Feu d'artifice (Fogos de artificio) e inclúe os tres ballets compostos para Serguei Diaguilev. Estas tres composición teñen varias características en común: están escritas para unha orquestra extremádamente grande; empregan temas e motivos folklóricos rusos. Tamén exiben un desenvolvemento estilístico considerable, dende L'Oiseau de feu (O paxaro de lume), que enfatiza certas tendencias en Rimsky-Korsakov e conta cun pandiatonicismo notable no terceiro movemento, ao emprego da politonalidadeen Petrushka e as intencionadamente brutais polirritmias e disonancias de Le Sacre du printemps (A consagración da primavera).
Se a intención de Stravinski era "mandalos a todos ao inferno",[6] entón puido ter clasificado a estrea de Le Sacre du printemps en 1913 como un éxito: é un famoso motín da música clásica e Stravinski refírese a ela en moitas ocasións na súa autobiografía como un scandale.[7] Houbo informes de pelexas con puños entre a audiencia e a necesidade de presenza policial durante o segundo acto. O alcance real do tumulto está aberto ao debate e os informes poden ser apócrifos.[8] Outras obras do período ruso inclúen: Le Rossignol; Renard (1916); Histoire du soldat (1918); e Les noces (The Wedding) (1923).
Período Neoclásico (c. 1920 – 1954) [editar]
A seguinte etapa compositiva de Stravinski exténdese dende a súa ópera Mavra (1921–22), que é considerada o principio do seu período neoclásico, ata 1952, cando se volveu cara ao serialismo.[9] Oedipus Rex (1927), Apollon musagète (1928), e o concerto Dumbarton Oaks (1937–38) continúan o seu plantexamento do estilo musical do século XVIII. Outras obras deste período inclúen tres sinfonías: a Symphonie des Psaumes (1930), Sinfonía en Do (1940) e a Sinfonía en Tres Movementos (1945).
Apollon (1928), Persephone (1933) e Orpheus (1947) exemplifican, non só o retorno de Stravinski á música do clasicismo, senón tamén a súa exploración de temas do antigo mundo clásico como a mitoloxía grega. En 1951 rematou a súa derradeira obra neoclásica, a ópera The Rake's Progress, con libreto de W. H. Auden que estaba baseado en grabados de William Hogarth. Estreouse en Venecia ese mesmo ano e foi producida por toda Europa durante o ano seguinte, antes de ser posta en escena na Metropolitan Opera de Nova York en 1953.[10] Foi porta en escena pola Santa Fe Opera no Stravinsky Festival de 1962, en honor ao 80 aniversario do compositor e foi revivida pola Metropolitan Opera en 1997.
Período serial (1954–1968) [editar]
Nos anos '50, Stravinski comezou a empregar técnicas compositivas como o dodecafonismo, a técnica ideada orixinalmente por Arnold Schoenberg.[11] Primeiramente experimentou con técnicas seriais non-dodecafónicas unha pequena escala vocal e obras de cámara como a Cantata (1952), o Septeto (1953) e Tres cancións para Shakespeare (1953). A primeira das súas composicións baseada nestas técnicas foi In Memoriam Dylan Thomas (1954). Agon (1954–57) foi a primeira das súas obras que incluiu series dodecafónicas, e Canticum Sacrum (1955) foi a primeira peza que contivo un movemento enteiramente baseado nun tono fila.[12] Stravinsky expandiu o seu emprego do dodecafonismo a traballos como Threni (1958) e A Sermon, a Narrative, and a Prayer (1961), que están baseados en textos bíblicos,[13] e The Flood (1962), que mestura brevas textos bíblicos do Xénese con pasaxes de York e Chester Mystery Plays.[14]
Notas [editar]
- ↑ Page, 2006
- ↑ Strawinsky e Strawinsky, 2004, p. vii
- ↑ Anónimo, 1940
- ↑ Cohen, 2004, p. 30
- ↑ Philip Glass. "Time 100: Igor Stravinski" (en inglês). http://www.time.com/time/time100/artists/profile/stravinsky.html.
- ↑ Wenborn 1985, p. 17, alude ao seu comentario, sen dar unha fonte específica.
- ↑ Stravinsky 1936
- ↑ See Eksteins 1989, pp. 10–16, para unha visión xeral da reportaxe contraditoria do evento polos participantes e a prensa.
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeWalsh_2001 - ↑ Griffiths, Stravinsky, Craft, and Josipovici 1982, pp. 49–50.
- ↑ Craft 1982.
- ↑ Straus 2001, p. 4.
- ↑ White 1979, p. 510.
- ↑ White 1979, 517.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Fundación Ígor Stravinski, Información oficial sobre o autor. Catálogo Completo
- Igor Stravinsky no Proxecto Biblioteca Internacional de Partituras Musicais (IMSLP) (en inglés).
- Mark McFarland. “Igor Stravinsky.” in Oxford Bibliographies Online: Music. Edited by Bruce Gustavson. New York: Oxford University Press, 2011.