Íñigo López Montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Íñigo López
Información persoal
Nome Íñigo López Montaña
Nacemento 23 de xullo de 1982
Lugar de nacemento Logroño
Altura 1.85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual SS de los Reyes
Carreira xuvenil
Las Rozas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Las Rozas
2004–2006 Atlético Madrid B 34 (4)
2006–2007 SS de los Reyes 27 (1)
2007–2010 Alcorcón 85 (17)
2010–2013 Granada 91 (8)
2013–2014 PAOK 3 (0)
2014Celta de Vigo (cedido) 9 (1)
2014–2015 Córdoba 21 (0)
2015–2018 Huesca 63 (3)
2018–2019 Extremadura 7 (0)
2019 Deportivo da Coruña 1 (0)
2019– SS de los Reyes 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de maio de 2019
editar datos en Wikidata ]

Íñigo López Montaña, nado o 23 de xullo de 1982 en Logroño é un futbolista español que xoga na demarcación de defensa. É irmán do tamén futbolista Jorge López Montaña. O seu club actual é o UD San Sebastián de los Reyes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no CD Logroñés, despois pasou polo Las Rozas CF, Atlético de Madrid B e UD San Sebastián de los Reyes antes de fichar polo AD Alcorcón, co que daría o salto ao fútbol de elite ao acadar o ascenso a Segunda División B no ano 2010.

En 2011 fichou polo Granada CF.[1][2] E no verán de 2013 fichou polo PAOK Tesalónica tras rematar contrato co equipo andaluz[3]. Porén non atoparía sitio no equipo grego e no mercado de inverno da tempada 2013/14 foi cedido ao Celta de Vigo.[4]

O 31 de xaneiro de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña ata o remate da tempada.[5] O 28 de maio foi detido no transcurso da "Operación Oikos", na que se investigan supostos amaños de partidos e na que tamén se detivo a outros xogadores e directivos do fútbol español.[6]

En agosto fichou pola Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes.[7] A finais de novembro foi detido outra vez nunha nova fase da mesma operación policial.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://futbol.as.com/futbol/2010/07/29/mas_futbol/1280354459_850215.html
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  4. http://www.marca.com/2014/01/27/futbol/equipos/celta/1390836780.html
  5. Iñigo López, novo xogador do Dépor
  6. "'Operación Oikos': 21 implicados, seis detenidos y varios partidos investigados por amaños" (en castelán). 28 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2019.  Arquivado 06 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
  7. "El exdeportivista Íñigo López ficha por el Sanse". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2019. 
  8. "Detido o ex xogador do Dépor Íñigo López, nunha nova fase da operación contra os amaños no fútbol". Galicia Confidencial. 26 de novembro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2019.