Être et avoir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Être et avoir
Título orixinal
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Nicolas Philibert
Produtor Gilles Sandoz, Serge Lalou
Guión
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Georges Lopez, (profesor), Alizé, Axel, Guillaume, Jessie, Johan («Jojo»), Johann, Jonathan, Julien, Laura, Létitia, Marie-Elizabeth, Nathalie, Olivier, Franck, Kevin, Jérome, Magali, Léa, Océane, Thomas, Valentin e Valentin; Familias Chanimbaud, Dujardin, Garrido, Jeune, Lacombe, Olléon, Ponte, Rochès e Thouvenin
Música Philippe Hersant
Fotografía Christian Guy
Montaxe Nicolas Philibert
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 19 de maio de 2002 no Festival de Cannes
Duración 104 minutos
País Flag of France.svg Francia
Xénero documental
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Être et avoir (ser e ter) é unha película documental francesa de 2002, dirixida por Nicolas Philibert. Presenta un ano escolar dun profesor e a súa clase única, con rapaces de entre 4 e 11 anos, nunha escola de Saint-Étienne-sur-Usson, na rexión de Auvernia.

Être et avoir foi ben acollida pola crítica, que eloxiou a súa sinxeleza e subliñou a emoción xerada polos actores. O traballo de montaxe de Nicolas Philibert foi premiado cun César e a película recibiu numerosos premios. Para sorpresa do director, a película tamén foi ben acollida polo público, e foi vista por case dous millóns de espectadores en Francia e máis dun millón nos dezasete países onde foi estreada[1]. É a vixésima película mais vista no ano 2002 no cine en Francia, e representa o maior éxito en sala de proxección dun documental que non trate de animais [2].

Posteriormente, co éxito, a película foi obxecto de controversia cando, o profesor e familias dos nenos filmados estimaron ser vítimas de abuso polo director e esixiron a súa participación nos beneficios da película e o dereito sobre o uso comercial da súa imaxe. Isto reabriu o debate sobre o porvir dos documentais.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A película abre cunha secuencia na cal dúas tartarugas andan camiñando polo piso da sala de clases, baleira antes da apertura da escola e, a continuación, sobre a recollida dos alumnos por unha mañá de neve.

Produción[editar | editar a fonte]

Nacemento do proxecto[editar | editar a fonte]

A aprendizaxe da lectura e a cuestión de «vivir xuntos» é un tema que o director Nicolas Philibert sempre quixo versar[3]. Na primavera de 2000, o seu desexo era lograr realizar un documental sobre o mundo rural e, en particular, sobre as dificultades financeiras atopadas por algúns campesiños[4]. Foi facendo esta exploración como tivo a idea de producir unha película sobre a vida dunha escola dunha pequena aldea.

Elección da escola[editar | editar a fonte]

Nicolas Philibert quería unha escola situada nunha zona rural, de cadeas montañosas que tivese longos e duros invernos, e a súa elección caeu no Macizo Central. A escola deberia ter unha soa clase, de efectivo reducido e incluír alumnos de todos os cursos do ensino primario francés, é dicir desde o curso coñecido como CP (Cours Préparatoire, curso preparatorio) ata o curso CM2 (Cours Élémentaire 2ème année, curso elemental de segundo ano)[4]. A clase tamén tería que ser unha sala ampla para que o equipo de rodaxe puidese moverse sen importunar ó profesor e os alumnos, e que a luz fose suficiente para non necesitar iluminación artificial[3]. A investigación durou cinco meses localizando 400 escolas e visitando un centenar delas. A elección de Nicolas Philibert centrouse na escola de Saint-Étienne-sur-Usson, no departamento do Puy-de-Dôme no corazón do parque natural rexional Livradois-Forez[4].

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A rodaxe celebrouse entre decembro de 2000 e xuño de 2001, cunha duración total de dez semanas repartidas en seis períodos[5]. Co fin de darse a coñecer e facerse aceptar pola clase, o equipo de rodaxe, constado por catro persoas, Nicolás Philibert, un jefe operador, un asistente cámara e un enxeñeiro do son, pasou o primeiro día explicando para que servía todo o material[4]. Durante as diferentes sesións de rodaxe, o realizador tomou notas sobre a progresión dos alumnos, as tempadas, os cambios climáticos e o tempo, e tamén filmou planos longos en exteriores co fin de darlle o ritmo de vida á escola correspondente ao curso dun ano.

O asunto Être et avoir[editar | editar a fonte]

Un procedemento xudicial opuxo ó mestre de escola, protagonista do documental, aos produtores da película. Georges Lopez reivindicaba un dereito de autor sobre o curso dado aos seus alumnos tal como esta reproducido no documental, un dereito de autor sobre o documental mesmo como autor do texto falado, e os dereitos como artista-intérprete da película. Afirmaba tamén que o seu dereito á imaxe padecera. O xulgado de primeira instancia de París rexeitou as súas demandas o 27 de setembro de 2004, porque non expresara as súas reivindicacións antes da rodaxe do documental. O tribunal de apelación de París confirmou este xuízo o 29 de marzo de 2006 considerando que o curso oral dado aos seus alumnos non refacía obras do espírito protexidas polo código francés da propiedade intelectual e que o personaxe dunha película documental non pode estar considerado como un intérprete, nin como un coautor porque a parte de creación nunha película documental é debida ás soas eleccións feitas polo realizador e o equipo de produción. O tribunal considerou por fin que o mestre de escola tiña claramente, aínda que tacitamente, consentido na utilización da súa imaxe na película, incluído nas súas utilizacións derivadas.

Recompensas e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Être et avoir foi seleccionado por numerosos festivais e conseguiu tres premios[6],[7] [8] [9] [10].

Recompensas[editar | editar a fonte]

Nominacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Etre et avoir dépasse le million d'entrées dans le monde en Unifrance
  2. L'année cinéma 2002 en France: le bilan, AlloCiné.
  3. 3,0 3,1 Entrevista: Être et avoir, AlloCiné, 28 de agosto de 2002
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 A propos du film, Nicolas Philibert, texto do dossier de prensa, 2002.
  5. Dans une classe à part; Le documentaire de Nicolas Philibert fait un tabac en France, Le Soleil, article repris par L'Infobourg.
  6. Être et avoir - fiche complète.
  7. Les Étoiles d'Or récompenses Être et avoir, CinéMovies, 23/03/2003.
  8. The European Film Awards 2002 The Winners
  9. The European Film Awards 2002 - The Winners.
  10. Être et avoir obtient le Prix Louis Delluc 2002, Unifrance.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]