Épiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa resaltando Epiro

Épiro[Cómpre referencia] ou Epiro[1] (en grego: Ήπειρος/Epeiros, palabra cuxo significado é continente). Na antigüidade era unha rexión poboada por diversas tribos gregas.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Os seus límites eran: Ao norte con Iliria e Macedonia, ao sur co golfo de Ambracia e Etolia, ao leste con Tesalia e ao oeste co mar Xónico, o sector central e setentrional do Épiro durante a antigüidade clásica constituía a rexión chamada Molosia. O sistema montañoso chamado Pindo separa esta rexión de Tesalia.

Foi, e segue sendo unha rexión agrícola en que se cultiva sobre todo trigo e outros cereais, verduras, froitas, oliveiras e tabaco.

Historia[editar | editar a fonte]

Toda a rexión mantivo frecuentes guerras coa súa veciña Macedonia, agás no período de tempo en que os reis Molosia asinaron lazos de amizade con Filipo II de Macedonia que casou coa princesa Olimpia de Épiro filla de Neoptólemo, e futura nai de Alexandre o Grande. O seu máximo esplendor tívoo a finais do século -IV e principios do século -V co rei Pirro. A súa principal cidade era Dodona famosa pola súa oráculo e situada no reino subordinado de Molosia. Durante o reinado de Alexandre de Épiro, a residencia real foi establecida na cidade de Butrinto. No ano -146 pasou a formar parte do Imperio Romano. No século IV pasou a ser parte do dominio bizantino de Constantinopla. No século XIV constituía un reino medieval que chegou a ser vasalo de Albania; no ano 1430, a rexión achábase baixo o poder do Imperio Otomán.

Logo da guerra dos Balcáns (1912-1913) pasou a ser parte da actual Grecia. Desde 1944, a zona norte de Épiro foi incorporada a Albania (Épiro Setentrional).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524.