Élan Béarnais Pau-Orthez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ÉB Pau-Orthez
Liga PRO 2
Fundado en 1908
1931 (sección)
Historia 1931-presente
Pavillón Palais des Sports de Pau
(7813 espectadores)
Cidade Pau, Francia Francia
Cores Verde e Branco
Presidente Francia Didier Gadou
Adestrador Francia Laurent Mopsus
Títulos 1 Copa Korać
1 Semaine des As
9 Liga francesa
3 Tournoi des As
5 Copas de Francia
Web

O Élan Béarnais Pau Orthez é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Pau, Pireneos Atlánticos (Francia). Actualmente compite na LNB, a máxima categoría do baloncesto francés. Desputa os seus partidos como local no Palais des Sports de Pau con capacidade para 7813 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Élan Béarnais foi fundado en 1931 na localidade de Orthez. Ata esa data, o club de baloncesto foi só unha sección dun club polideportivo fundado en Orthez en 1908. Non era un club no sentido moderno, senón unha asociación creada por clérigos para animar aos rapaces a practicar deporte.

O club chegou ao máximo nivel do baloncesto profesional francés durante a tempada 1972-73. O club foi inmediatamente relegado á segunda división, mais gañou o título da categoría e retornou á primeira división en 1976. O club clasificouse para a Copa Korać ao finalizar nas primeiras posicións na tempada 1977-78.

Durante trinta anos, o club participou cada ano en competicións europeas (1978-2008: récord de lonxevidade europeo). En 1984, o Élan Béarnais gañou a Copa Korać ao gañar na final ao Estrela Vermella de Belgrado.

Coa transición á profesionalización, o club tivo que trasladarse a unha cidade máis populosa. O club trocou o seu nome en 1989, converténdose en Élan Béarnais Pau-Orthez e trasladándose á cidade de Pau, logo da inauguración do Palais des Sports en 1991.

Este traslado foi idea de dous homes, Pierre Seillant e André Labarrère. Pierre Seillant foi un cargo electo de Orthez, André Labarrère era o alcalde de Pau. Os dous homes estaban onfrontados no ámbito político, mais procuraron que o club permanecera en Bearn. Pierre Seillant, o presidente do club, decidira a reubicación a Pau, preferiblemente a Bordeos (outra opción considerada).

No 2008, con Didier Gadou e Claude Bergeaud á súa cabeza, o club converteuse no Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez reforzando a identidade bearnesa. Incluíndo á cidade de Lacq, localizada ao lado de Pau.

Palmarés[editar | editar a fonte]