Écija Balompié

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Écija Balompié
NomeÉcija Balompié, S.A.D.
Fundación1968
EstadioSan Pablo,
Écija, España
Capacidade6.000
PresidenteEspaña Rafael Silva
AdestradorEspaña Marcos Domínguez Martín
Liga2ªB – Grupo 4
2016–17 (3ª – Grupo 10)
Na rede
http://www.ecijabalompie.com/
Titular
Alternativo

O Écija Balompié é un club de fútbol de España, da cidade de Écija, en Sevilla. Foi fundado en 1939 e xoga no grupo IV da Segunda División B.

Historia[editar | editar a fonte]

O Écija Balompié naceu en 1939, aínda que desapareceu e foi refundado en 1968. A iniciativa contou con notables apoios, como o agasallo das indumentarias para os xogadores, doadas pola Federación, así como axudas en efectivo para a instalación de duchas nos vestiarios.

O Écija Balompié disputa a súa primeira competición oficial en 1969 no campionato da Copa de Primavera e posteriormente militando en Rexional.

Foi en 1987 cando o club logra o ascenso á Terceira División. Nese período en Terceira o Écija acariñou o ascenso ao lograr dous subcampionatos.

En 1992 o club logra un novo ascenso e alcanza a Segunda División B onde durante as tres seguintes tempadas queda a un paso de alcanzar a categoría de prata.

Foi en xuño de 1995 tras unha disputada liguiña de ascenso, cando o Écija logrou o ansiado ascenso á Segunda División. A eliminatoria final polo ascenso disputouse contra o Levante no partido de ida disputado, no hoxe día coñecido como, estadio Ciutat de Valencia o Écija marchou ao descanso cun marcador adverso de dous goles a cero. Durante a segunda parte o equipo azulino realizou a proeza de marcar catro goles, remontar e gañar o partido. Tres días máis tarde, No encontro de volta, celebrado no Estadio Municipal San Pablo, o cadro astigitano logrou un valioso empate co equipo levantino que sumado ao empate do Numancia (terceiro en discordia na pugna polo ascenso) certificaba o ascenso do Écija Balompié a Segunda, categoría na que permaneceu durante as dúas tempadas seguintes.

Actualmente, tras quedar campión do Grupo IV da Segunda B, continúa na mesma categoría ao non poder ascender na final do play off de ascenso ante a SD Huesca.

Na tempada 2008-2009 o equipo diríxeo Pedro Buenaventura Ugía que era o secretario técnico da entidade ata que foi cesado e substituído por José Antonio Gordillo de trámite ata a chegada de Oli ao banco azulino.

No verán de 2009, o club atravesa serias dificultades económicas que o pon ao bordo do descenso por falta de pagamento aos xogadores a 3ª división. Finalmente liquídanse os problemas e o Consello de Administración recorta seriamente o orzamento para a campaña 2009-2010. O primeiro paso é asinar a Risto Vidakovic como novo adestrador.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme suplente: Camiseta amarela, pantalón azul e medias amarelas.

Himno[editar | editar a fonte]

O himno actual do Écija Balompié estreouse o día que o equipo subiu á Segunda B, partido disputado contra o Talavera no Municipal de San Pablo.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Écija xoga os seus partidos no Estadio San Pablo, con capacidade para 6.000 espectadores. O campo ten unhas medidas de 103 x 69 metros.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2009-2010[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
POR España Thorices
POR España Adrián
POR España Jose Ramón
DEF España Óscar
DEF España Fali
DEF España Javi Casca
DEF España Marcos
DEF España Zurdo
DEF España Solano
DEF España Lolo Yedra
DEF España Jesús
DEF España Dani Lanza
Posto País Xogador
MED España Requena
MED España David Castro
MED Francia Moke
MED España Coco
MED España Ezequiel
MED España Checa
MED España Mohammed
MED España Pizarraya
DIA España Carlos Valverde
DIA España Oskitz
DIA España Vázquez
DIA España Edu Espada
DIA España Alberto Castro

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]