Çayönü

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Çayönü localízase na cercanía do curso alto do río Tigris

Çayönü, tamén dito Çayönü Tepesi, por estar sobre un montículo ou tepe, é un xacemento do Neolítico, sito no sureste de Turquía, que estivo habitado entre arredor de 7200 e 6600 a.C..

Índice

[editar] Xeografía

Ubícase a uns 40 km ao noroeste de Diyarbakır, aos pés do cordal do Tauro, na chaira de Ergani, perto do río Bogazcay, un afluente do alto Tigris e do Bestakot, un regato intermitente. O tepe, lugar da excavación, medía 200 m de diámetro aproximadamente.

[editar] Arqueoloxía

As excavacións foron dirixidas por Robert John Braidwood, inicialmente entre 1964 e 1978, e logo entre 1985 e 1991. O xacemento abranxe os períodos do Neolítico Pre-Cerámico A (PPCA), o Neolítico Pre-Cerámico B (PPCB) e máis o Neolítico Cerámico (PC).

[editar] Medioambiente

[editar] Orixe da domesticación

Çayönü é probabelmente o lugar onde foi domesticado primeiramente o porco (Sus scrofa porcus). Os restos de fauna salvaxe, consumida no lugar, incluían o porco bravo (Sus scrofa) a ovella salvaxe (Ovis orientalis), a cabra salvaxe (Capra hircus) e máis diversas especies de cérvidos. O contorno medioambiental neolítico constaba de pantanos e lamazais cerca do río Bogazcay, bosque aberto, estepas e fragas de amendoeiras e pistachos no sur da zona.

[editar] Cultivo de cereais

Consonte o xornal alemán Der Spiegel[1] no 6 de marzo de 2006, o Max Planck Institute de Colonia[2]descubríu que antecesores xenéticos comúns de 68 tipos contemporáneos de cereais medran aínda como plantas bravas nas ladeiras do Karacadag (monte Karaca), que está situado nas vecindades próximas a Çayönü.

[editar] Inicio de uso de metal

Os arqueólogos atoparon, en niveis inferiores da excavación, obxectos de malaquita: doas perfuradas e tabelas. En capas claramente anteriores a 7.000 a.C., acharon obxectos de cobre (p.ex., alfinetes, un deles dobrado en ángulo) traballados en frío con técnicas de raspado e martelado. Son das probas máis antigas de uso de metal. Tanto a malaquita como o cobre pódense atopar a distancias próximas ao xacemento[3].

[editar] Notas

  1. Der Spiegel
  2. Max Planck Institute for Breeding Research
  3. Halet Çambel e Robert J. Braiwood, Una primitiva aldea agrícola de Turquía, in Investigación y Ciencia, trad.esp. de Scientific American,nº especial sob título Biología y Cultura: introducción a la Antropología biológica y cultural. Madrid. H. Blume. 1979, reimpr., páx. 226 (o artigo oeixinal é de 1970)

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas