Área metropolitana de Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da provincia de Zaragoza en España.

A área metropolitana de Zaragoza é unha área urbana centrada arredor da cidade de Zaragoza. Oficialmente non existe ningunha entidade política nin administrativa que defina que concellos forman parte da devandita área. Mais existe o precedente de estudos realizados pola Universidade de Zaragoza[1] que circunscribe o seu espazo a 25 municipios, incluíndo, por suposto, o de Zaragoza. Mentres o concello de Zaragoza é o quinto máis poboado de España, a súa área metropolitana só é a décima do estado.

Concellos da área metropolitana[editar | editar a fonte]

En amarelo municipio de Zaragoza, en vermello concellos da área metropolitana

A súa poboación en 2006 era de 721.599 habitantes, cunha superfizie de 2.515,1 km², polo que se atinxía unha densidade de 286,90 hab/km². Incluía municipios de tres comarcas, todas da provinzia de Zaragoza:

A área metropolitana pode organizarse en catro zonas por puntos cardinais. A zona norte correspondería aos municipios ribeiráns do río Gállego, a sur aos do río Huerva, e as zonas leste e oeste serían os concellos situados arredor do Ebro. Cómpre destacar que o medramento demográfico ten sido maior nas zonas oeste e sur.

Zaragoza fronte a Aragón[editar | editar a fonte]

Zaragoza con 649.181 habitantes posúe o 50,8% da poboación aragonesa, mentres a área metropolitana suma 72.418 habitantes (5,7%), unha área formada por 24 municipios con maior peso demográfico tanto comparando coa segunda cidade de Aragón, Huesca, con 49.312 habitantes (3,86%), como coa segunda comarca de Aragón, a Plana de Huesca, con 64.531 habitantes (5,1%).

A seguinte táboa reflicte o peso demográfico que representa a cidade, a comarca e máis a área metropolitana e a Provincia de Zaragoza, a respecto do total de Aragón.

Entidade local
Tamaño km²
%
2006[2]
%
Cidade de Zaragoza 1.063,1 2,2 649.181 50,8
Comarca de Zaragoza 2.288,8 4,8 702.570 55,0
Área metropolitana de Zaragoza 2.515,1 5,3 721.599 56,5
Provincia de Zaragoza 17.274,3 36,2 917.288 71,8
Total Aragón 47.719,2 100,0 1.277.471 100,0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carácter e localización das novas empresas na área metropolitana de Zaragoza (1997-2000) [1].
  2. Datos do INE, correspondentes a 1 de xaneiro de 2006. Total Arquivado 03 de febreiro de 2007 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]