Árbore do amor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Árbore do amor | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||||
| Cercis siliquastrum | ||||||||||||||
A árbore do amor (Cercis siliquastrum) é unha árbore da familia das papilionáceas.
[editar] Características
Esta pequena árbore acada unha altura de 5 a 10 m. É nativa do sur da Península Ibérica, sur de Francia, Italia, Grecia e Asia Menor. Ao comezo da primavera cóbrese cunha manchea de flores de cor carmesí e despois aparecen as follas; as flores son comestibles. A mitoloxía de moitos países de Europa conta que Xudas Iscariote pendurouse desta árbore.
En Galicia atópase cultivada en parques e xardíns.