Árbore da cola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cola acuminata é unha especie de árbore pertencente á familia das malváceas coñecida coma cola ou árbore da cola, cuxo froito recibe o nome de noz de cola.[1] É orixinaria das zonas tropicais de África (procedente do vocábulo das linguas africanas: kola) e naturalizada na Centroamérica tropical.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son árbores monoicas ou dioicas de follas simples, palmatilobadas ou dixitadas, con pecíolos a miúdo provistos dun pulvínulo. As flores prodúcense en forma de acios ou panículas axilares sobre a madeira vella. Presentan un cáliz con 4 ou 5 lóbulos (podendo ás veces acadar os 7) e carecen de pétalos. As flores masculinas teñen de 5 a 12 estames dispostos en dous aneis sobre dunha coroa. Froito en folículo de 1 a 6 carpelos leñosos con dehiscencia lonxitudinal, que acostuman adoptar unha forma estrelada formada polos "lóbudos unidos a un eixo". No interior destes lóbulos atópanse de 5 a 14 sementes duras duns 25 gramos de peso e 3 ou 4 cm de lonxitude, chamadas noces de cola.

Parte empregada[editar | editar a fonte]

Cola acuminata

Da noz de cola producíase outrora un extracto para refrescos polo seu alto contido de cafeína (até 5 %).

En África aínda se usan as sementes de forma tradicional.

Principios activos[editar | editar a fonte]

Acción farmacolóxica[editar | editar a fonte]

Estimulante do sistema nervioso central (comparábel ao café ou mais de efecto máis suave), combate a astenia e ten efecto cardiotónico, dixestivo, lipolítico e diurético.

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

Excitación, un pouco de insomnio e en ocasións taquicardia. Pode provocar sobreexcitación en doses moi altas (sobredoses) seguida de leve depresión.

A noz de cola libera moi amodo a cafeína, polo que presenta un efecto estimulante máis suave ca o café e alonga o tempo de eliminación da cafeína, o que potencia o efecto excitante das bebidas refrixerantes nas que vai asociada a outras substancias con bases xánticas. Cómpre evitarmos as asociacións moi concentradas con café, algúns tés, mate en persoas con deficiencias cardiovasculares ou de temperamento nervioso. Porén, non hai estudos detallados de efectos secundarios graves en doses relativamente baixas e algúns recomendan unha inxesta diaria menor a 10 gramos do froito (noz).

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Esta especie recibiu ao longo da historia outros nomes científicos que se consideran sinónimos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daviña Facal, Luís (2000). Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo II. C. Deputación da Coruña. ISBN 84-95335-46-8. 
  2. "Árbore da cola". Tropicos.org. Xardín Botánico de Missouri. Consultado o 10 de setembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Meletemata Botanica 33. 1832
  2. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Data from 07-Oct-06]. [1]
  3. Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
  4. Reference article Molina R., A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]