Ánsar de testa branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ansar de testa branca
White-fronted.goose.750pix.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Anser
Nome científico
Anser albifrons
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O ansar de testa branca ou ansar careto, (Anser albifrons), é un ganso de distribución paleártica. É unha especie moi próxima ó ganso pequeno (A. erythropus). Unha característica peculiar desta especie e a longa duración do período de coidados e relación entre pais e fillos, que pode dura varios anos e incluír casos de atención ás crías por parte dos avós.

Índice

Descrición[editar]

Exemplar novo durante o seu primeiro inverno de vida

Miden entre 65 e 78 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 130 e 165 cm. O peso vai dos 1.900 os 2.400 g nos machos, e dos 1600 ós 2100 g nas femias. Son de cor castaña agrisada escura, coa parte inferior do corpo clara e bandas negras irregulares na barriga. Teñen unha mancha branca moi visible que abrangue a área da fronte e a base do bico, sen chegar ata detrás dos ollos, coma no caso do ganso pequeno. As patas son de cor laranxa. O bico ten coloracións que varían entre o vermello pálido ata o rosado (subespecie A. alb. albifrons) ou o laranxa amarelado (A. alb. flavirostris).

Distribución e subespecies[editar]

A especie adoita dividirse en cinco subespecies. Os exemplares da raza nominativa A. a. albifrons crían no extremo norte de Europa e Asia, nas zonas de tundra entre a península de Kanin en Rusia ata o río Katanka na península de Taimyr, e pasan o inverno principalmente no sur e oeste de Europa, cos lugares principais de invernada en Alemaña, Países Baixos e Bélxica.

No extremo leste de Siberia e a zona ártica de Canadá, aparece a variedade A. a. frontalis, algo meirande e de bico algo máis longo. Esta subespecie pasa os invernos nos Estados Unidos e no Xapón.

Outras dúas subespecies, atópanse en Norteamérica: A. a. gambeli, do noroeste de Canadá, e que inverna no Golfo de México estadounidense, e a A. a. elgasi (o ganso de Tula) (Carboneras, 1992), do suroeste de Alasca. É a variedade meirande e de bico máis longo, cos cuarteis de inverno en California. O ganso de Tula é unha subespecie rara, que foi probablemente afectada pola destrución dos seus hábitats de invernada a causa da presenza humana.[1].

Subespecie Anser albifrons frontalis

Anser a. flavirostris cría no oeste de Grenlandia e pasa a estación fría en Escocia e Irlanda. O número de exemplares de esta subespecie é escaso, polo que en 2006 a súa caza foi prohibida. Os individuos desta subespecie diferéncianse con claridade dos das outras razas: son máis escuros e máis barrados na barriga e teñen o bico laranxa. Estudios recentes suxiren que esta raza podería constituír unha especie separada[2].

A. a. albifrons e A. a. flavirostis están entre as aves incluídas no Acordo para a protección das aves acuáticas de África e Eurasia (AEWA).

Notas[editar]

  1. Carboneras (1992): p.582
  2. Fox & Stroud (2002)

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]

  • Bergmann, Hans-Heiner, Helmut Kruckenberg & Volkhard Wille (2006): Wilde Gänse - Reisende zwischen Wildnis und Weideland, G. Braun Verlag, Karlsruhe
  • Madsen, J., G. Cracknell & Tony Fox (1999): Goose Populations of the Western Palearchtic, Wetlands International, Wageningen.
  • Rutschke, E. (1997): Wildgänse Lebensweise - Schutz - Nutzung, Parey, Berlin
  • Carboneras, Carles (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans). en: |del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi (eds.): Handbook of Birds of the World (Volume 1: Ostrich to Ducks): 536-629, plates 40-50. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-10-5
  • Fox, A.D. & Stroud, D.A. (2002): Greenland White-fronted Goose. Birds of the Western Palearctic Update 4(2): 65-88.
  • Littlejohn, Chase (1916): Some unusual records for San Mateo County, California. Abstract en: Cooper Ornithological Society|Cooper Club: Minutes of Cooper Club Meetings. Condor (journal) 18(1): 38-40. PDF fulltext DjVu fulltext

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: