Ángel del Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel del Real
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Ángel del Real Abella, nado en Madrid en 1956, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Náutica na Coruña, é capitán da mariña civil e capitán de corveta en reserva da militar. No Desastre do Prestige era Capitán marítimo da Coruña. Foi presidente da autoridade portuaria de Ferrol (2002-2005). Presidente do PPdeG de Valdoviño, foi concelleiro de Obras, Industria e Comercio no goberno tripartito encabezado por Terra Galega. En 2009 volveu ser nomeado presidente da autoridade portuaria de Ferrol[1], e cesou o 24 de abril de 2013[2]. Foi substituído por José Manuel Vilariño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Xunta elige a Ángel del Real para volver a presidir el Puerto de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2009. 
  2. "Orde de cesamento". Diario Oficial de Galicia. 25 de abril de 2013.