Ángel Urzáiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Ángel Urzáiz en Coruña Moderna, 1905.

Ángel Urzáiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Alfonso XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Urzáiz Castro, brigadier da Armada e secretario do Rei e Mª Dolores de la Cuesta y Nuñez.

Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid, colaboraba como xornalista en El Correo, Los Debates e a Revista de España. Inicia a súa carreira política como deputado por Vigo nas eleccións de 1881. Nas eleccións de 1884 non logra o escano por Vigo, pero en 1886 resulta elixido polo distrito de Lalín nunha elección parcial pola renuncia como deputado de Antonio Aguilar Correa, volvendo ser elixido por Lalín en 1888. A partir de 1893 volveu ser deputado polo distrito de Vigo en todas as eleccións celebradas ata 1920. En 1922 accedeu ao Senado como senador vitalicio.

Pazo Cadaval, Nigrán.

Casou en maio de 1883 con Adela Cadaval Muñoz, señora do pazo de Cadaval de Nigrán, coa que tivo dous fillos: Elodia e Joaquín Urzáiz Cadaval.

Foi Subsecretario de Gobernación en 1887, Gobernador civil de Córdoba e Intendente en Cuba ata a perda da colonia en 1898, logo do seu regreso a España foi ministro de Facenda entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902 nun gabinete Sagasta. Posteriormente, entre o 23 de xuño e o 18 de xullo de 1905, asumiu novamente a carteira de Facenda nun goberno que presidiu Eugenio Montero Ríos véndose obrigado a dimitir pola concesión duns créditos destinados a paliar a crise económica de Andalucía. Finalmente volveu dirixir o Ministerio de Facenda entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916 nun gabinete Romanones.

En 1908 fundou o xornal liberal La Voz de Vigo.



Predecesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz
Antonio García Alix
Gabino Bugallal Araújo
Ministro de Facenda
1901 - 1902
1905
1915 - 1916
Sucesor:
Tirso Rodrigáñez Sagasta
José Echegaray Eizaguirre
Miguel Villanueva Gómez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángel Urzáiz

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]