Ángel Ruiz Fidalgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Ruiz Fidalgo
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Arcos de la Polvorosa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ángel Ruiz Fidalgo, nado en Arcos de la Polvorosa (Zamora) o 8 de xullo de 1928, é un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid e diplomado en Economía da Empresa e en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal. Ingresou no Corpo Nacional de Enxeñeiros Agrónomos do Estado (1957) e foi xefe Agronómica de Pontevedra do Ministerio de Agricultura. En 1962, foi designado delegado do Servizo de Concentración Parcelaria en Galicia. Posteriormente ocupou os cargos de xefe do Servizo do Catastro de Rústicos do Ministerio de Economía e Facenda en Ourense (1967-80); xerente territorial do Centro de Xestión Catastral do Ministerio de Economía e Facenda en Ourense (1980-86); Conselleiro de Agricultura, Gandería, Montes e Medio Ambiente (1986-87) e inspector xefe de Impostos Inmobiliarios do Ministerio de Facenda en Ourense (1988-93). Desde setembro de 1993 é presidente da Xunta Reitora do Parque Natural Limia Baixa-Serra do Xurés en Ourense. Foi conselleiro da Caixa de Aforros de Ourense (1964-1972), vogal da Comisión Provincial de Urbanismo (1982-86), vogal da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia (1994-99) e vogal do Xurado Provincial de Expropiación de Ourense (1988-93).


Predecesor:
Fernando Garrido Valenzuela
 
Conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes
 
1986 - 1987
Sucesor:
Francisco Sineiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]