Ángel Bernárdez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Bernárdez Rodríguez
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1859 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1935 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ángel Bernárdez Rodríguez, nado en Xixón o 8 de outubro de 1859 e finado en Vigo o 3 de abril de 1935, foi un xornalista galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ascendencia paterna galega, aos oito anos trasladouse a Vigo onde viviu e traballou. Foi concelleiro republicano en Vigo. Empezou a carreira xornalística en La Propaganda, foi redactor de Diario de Vigo e La Coalición Republicana, colaborou en La Víbora e El Independiente, foi director de La Vanguardia e La Federación e redactor xefe de Faro de Vigo. Dirixiu a sección de pesca e conservas de El Financiero de Madrid, e realizou unha intensa campaña en favor das industrias pesqueira e conserveira de Galicia na Revista Nacional de Economía. Foi correspondente en Galicia de La Prensa de Buenos Aires, do Daily Mail de Londres, e do Berliner Lokalanzeiger de Berlín. Foi secretario técnico da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia e escribiu o apartado "La pesca en Galicia" do libro Generalidades de la geografía de Galicia. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Finou en Vigo o 3 de abril de 1935.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Lucila Losada Iglesias e foi pai de Ángel Bernárdez Losada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 5-4-1935, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 111–112. ISBN 978-84-8457-448-4.