Ácido taurocólico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido taurocólico
Identificadores
Número CAS 81-24-3
PubChem 6675
ChemSpider 6423
ChEBI CHEBI:28865
ChEMBL CHEMBL224867
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C26H45NO7S
Masa molar 515,70 g mol−1
Punto de fusión 125,0ºC

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Referencias

O ácido taurocólico, chamado tamén ácido colaico, coliltaurina, ou acido colatáurico, é un ácido biliar cristalino amarelento delicuescente implicado na emulsión das graxas durante a dixestión. Aparece como sal sódico, o taurocolato de sodio (sales biliares), na bile dos mamíferos.[1]. O seu anión é o taurocolato. Este ácido é un conxugado do ácido cólico e a taurina, polo que a hidrólise do ácido taurocólico produce taurina. En medicina adminístrase como colagogo e colerético. Utilízouse como deterxente aniónico para proteínas.[2]

Para os seus usos comerciais, o ácido taurocólico é producido a partir da bile do gando vacún, obtida como subproduto da industria de procesamento da carne.

Os ácidos biliares na súa síntese teñen como precursor o colesterol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chemical Book. Sodium taurocholate. [1]
  2. Sigma Aldrich Taurocholic acid sodium hydrate [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]