¡Basta Ya!

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

¡Basta Ya! (en galego ¡Xa abonda!) é unha iniciativa cidadá española que na súa formación unía a persoas de diversas ideas políticas, co triplo propósito de opoñerse ao terrorismo en calquera das súas formas, apoiar ás súas vítimas, e defender o Estado de Dereito, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía do País Vasco. Pese ao carácter universalista dos seus ideais, a organización ten a súa razón de ser na oposición ao terrorismo de ETA. ¡Basta Ya! caracterízase polo seu carácter activista, posto que non só defenden os mencionados ideais, senón que tamén os promoven mediante a convocatoria de manifestacións e actos de protesta.

Actualmente, é contraria ao nacionalismo vasco e á actual política antiterrorista do PSOE, debido á postura sobre a negociación coa banda terrorista ETA.

No ano 2000 recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sajarov, premio concedido a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e as liberdades.

Coñecidos membros da plataforma son Jon Juaristi, Joseba Pagazaurtundua (asasinado por ETA no 2003), Maite Pagazaurtundua, Arcadi Espada, Carmen Igresias, Javier Urquizu, Iñaki Ezkerra, Agustín Ibarrola, Rosa Díez e Fernando Savater.

En maio de 2007, coa colaboración moitos dos seus membros, xurdiu no seu seo unha plataforma, a Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político español como alternativa ao PP e ao PSOE, partido plasmado en Unión Progreso y Democracia.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais