!!!
| !!! | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Sacramento, California, |
| Período | 1996 - actualidade |
| Xénero(s) | dance-punk, indie rock, post-punk revival |
| Selo(s) discográfico(s) | Touch and Go Records, Warp Records, Gold Standard Laboratories |
| Membros | Nic Offer Allan Wilson Mario Andreoni Tyler Pope Sean McGahan Dan Gorman Shannon Funchess Paul Quattrone |
| Antigos membros | John Pugh Mikel Gius Jason Racine Justin Van Der Volgen Jerry Fuchs |
| Web oficial | http://www.chkchkchk.net/ |
!!! (pronunciado coma chk chk chk) é unha banda estadounidense de dance-punk formada no outono de 1996 en Sacramento, California polos antigos membros das bandas locais The Yah Mos, Black Liquorice e Popesmashers.
Índice |
Historia [editar]
Despois dunha xira xuntos, membros das bandas de Sacramento Black Liquorice e Popesmashers formaron !!!. O nome da banda foi inspirado polos subtítulos da película The Gods Must Be Crazy, na cal os sons dos chasqueos da boca dos bosquimanos representábanse coma "!". Sen embargo, como a banda di na súa web: "!!! pronunciase repetindo tres veces calquera son monosílabo. Chk Chk Chk é a pronunciación máis común, pero poderían ser chamados Pew Pew Pew, Bam Bam Bam, Uh Uh Uh, crabs crabs crabs, etc. A URL da súa páxina e o título do seu MySpace, porén, suxiren que "Chk Chk Chk" é a pronunciación preferida.
Baseados en Sacramento, California; Portland, Oregon; e New York City, o se traballo de debut chegou no ano 2000 cun álbum autititulado lanzado polo selo Gold Standard Laboratories. A este seguíuno no 2003 o sinxelo "Me and Giuliani Down By the School Yard".
Un segundo traballo, Louden Up Now, foi editado através da Touch and Go en América e da Warp Records en Europa en xuño do 2004. Un ano despois, no mes de xuño do 2005, !!! editou un EP versionando "Take Ecstasy With Me" de The Magnetic Fields, e "Get Up" de Nate Dogg. No mes de decembro, o batería orixinal da banda, Mikel Gius, foi atropelado e matado por un coche mentres paseaba en bicicleta. !!! editou o seu terceiro álbum, Myth Takes no ano 2007.
O vocalista e batería John Pugh deixou a banda en xullo do 2007 para concentarse na súa nova banda Free Blood. Shannon Funchess substituíu a Pugh durante a meirande parte da súa xira dese ano.
John Frusciante de Red Hot Chili Peppers presenciou un concerto da banda en Los Angeles e convidounos a telonear aos Chili Peppers durante a súa xira do 2006 polo Reino Unido.
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- !!! - 2001 (Gold Standard Labs)
- Louden Up Now - 2004 (Touch and Go/Warp)
- Myth Takes - 2007 (Warp)
- Strange Weather, Isn't It? - 2010 (Warp)
EPs [editar]
- GSL26/LAB SERIES VOL. 2 – 1999 (Gold Standard Labs) compartido con Out Hud
- Live Live Live – 2004 (Beat Records)
- Take Ecstasy with Me/Get Up – 2005 (Touch and Go Records)
- Jamie, My Intentions Are Bass E.P. - 2010