Ácido tetrahidrofólico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tetrahidrofolato»)
Ácido tetrahidrofólico
Identificadores
Número CAS 135-16-0
PubChem 91443
ChemSpider 82572
DrugBank DB00116
KEGG C00101
MeSH 5,6,7,8-tetrahydrofolic+acid
ChEBI CHEBI:20506
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C19H23N7O6
Masa molecular 445,43 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido tetrahidrofólico (THF), ou tetrahidrofolato (ionizado), é un derivado do ácido fólico que funciona como coencima.

Metabolismo[editar | editar a fonte]

Síntese en humanos[editar | editar a fonte]

Prodúcese a partir do ácido dihidrofólico (á súa vez derivado do ácido fólico) pola acción do encima dihidrofolato redutase. Esta reacción é inhibida polo fármaco metotrexato.

É convertido en 5,10-metilenotetrahidrofolato pola serina hidroximetiltransferase.

Síntese en bacterias[editar | editar a fonte]

Moitas bacterias utilizan a dihidropteroato sintetase para producir dihidropteroato, unha molécula que carece de función no organismo humano. Isto fai que sexa unha útil diana para as sulfamidas, que compiten co precursor PABA.

Funcións[editar | editar a fonte]

O tetrahidrofolato funciona como cofactor en moitas reaccións, especialmente no metabolismo de aminoácidos e ácidos nucleicos, nas que actúa como doante de grupos cun átomo de carbono. Obtén ese átomo de carbono do formaldehido que se forma noutros procesos.[1]

O metotrexato actúa sobre a dihidrofolato redutase como inhibidor e así reduce a cantidade tetrahidrofolato producido. Isto orixina escaseza de THF, que pode orixinar anemia megaloblástica.

O ácido tetrahidrofólico está implicado na conversión de ácido formiminoglutámico en ácido glutámico; isto pode causar a redución da cantidade de histidina dispoñible para as descarboxilacións e síntese de proteínas, e poden diminuír os niveis de histamina e ácido formiminoglutámico.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PubChem compound
  2. Dawson, W; Maudsley, D V; West, G B (1965-12-01). "Histamine formation in guinea-pigs.". The Journal of Physiology (en inglés) 181 (4): 801–809. PMC 1357684. PMID 5881255. doi:10.1113/jphysiol.1965.sp007798. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]