Rodrigo Beruete Alejandre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rodrigo Berruete Alejandre»)
Infotaula de personaRodrigo Beruete Alejandre
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Loenzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rodrigo Beruete Alejandre,[1] coñecido como Gitano, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1902 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornaleiro. Pertencía á Federación Local da CNT de Vilagarcía de Arousa. Foi procesado na Audiencia provincial por atentado con Juan Caamaño Tobío en xullo de 1933, acusados de agresión a un axente de vixilancia cando entraron no café American bar de Vilagracía o 24 de xullo de 1932.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro no monte Xiabre con outros fuxidos: Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se foron incorporando Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Foi reclamado en agosto polo xuíz mulitar de Vilagarcía mediante requisitoria xunto con Félix Fernández Prieto, acusados de secuestro.[3] Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercan a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados, pero logran fuxir. Na persecución morre Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta entrégase ao día seguinte. O 16 de febreiro son cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morren carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes o primeiro apelido aparece como Berruete
  2. El Pueblo Gallego, 7-7-1933, p. 10.
  3. El Pueblo Gallego, 23-8-1936, p. 9.
  4. A ciencia ao rescate da memoria dos 18 asasinados na foxa de Vilagarcía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]