Saltar ao contido

Pilar Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pilar Allegue Aguete»)
Infotaula de personaPilar Allegue
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVicente Vázquez Diéguez

BNE: XX826501 Dialnet: 169880

Pilar Allegue Aguete, nada na Coruña en 1946[1], é unha filósofa, escritora e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dous anos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, pero trasladouse a Madrid onde se licenciou en Filosofía e Letras, sección Filosofía, na Universidade Complutense de Madrid en 1968. Foi profesora nunha filial do Instituto Isabel la Católica de Madrid.

En 1973 instalouse en Pontevedra, onde foi concelleira logo das eleccións municipais de 1979 polo Bloque Nacional Popular Galego. Impartiu clases na UNED. En 1983 obtivo unha praza na Universidade de Vigo na que é profesora de Filosofía do dereito. É doutora en Filosofía pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid (1990). Colaborou en Festa da Palabra Silenciada e Política Gallega.

Obras[editar | editar a fonte]

  • A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento, 1993.
  • Elementos etimológicos según el método de Euclides (editora), 1997.
  • Martín Sarmiento, un intelectual ilustrado, 2001.
  • Frei Martín Sarmiento, 2001.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elena Larriba (2009-08-01). "«Eu son do subsolo do Bloque e sempre que me chaman estou»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]