Lagos de Enol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lagos de Covadonga»)

Coordenadas: 43°16′06″N 4°59′09″O / 43.268292884098, -4.985873734085

Vista do lago Enol desde A Picota.

Nome conxunto do lago Enol e o lago Ercina, na parte asturiana dos Picos de Europa. Tamén coñecidos como «lagos de Covadonga», este último é un topónimo desaconsellable, dado que Covadonga é unha pequena localidade situada a varios quilómetros de distancia dos lagos, famosa polo seu santuario, a súa basílica e, en último termo, pola homónima batalla.