José Couselo Bouzas
(Redirección desde «Xosé Couselo Bouzas»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1869 Valga, España |
Morte | 11 de febreiro de 1962 (92 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Lingua | Lingua castelá |
José Couselo Bouzas, nado en Louro (Valga) o 5 de setembro de 1869 e finado en Santiago de Compostela o 11 de febreiro de 1962, foi un sacerdote e investigador galego. Foi tío do polígrafo Xesús Ferro Couselo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no seminario maior de Santiago de Compostela, e ordenouse sacerdote en 1895. Foi profesor do Seminario de Compostela e bibliotecario da Universidade Pontificia de Santiago. As súas investigacións centráronse na arqueoloxía e na historia. Colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega.
Obras[editar | editar a fonte]
- La guerra hermandina. Siglo XV, 1926.
- Fray Rafael de Vélez y el seminario de Santiago, 1927.
- Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX, 1932.
- El colegio de Irlandeses de Santiago de Compostela, 1935.
- La Guerra de Sucesión en Galicia, 1935.
- La pintura gallega, 1950, Porto y Cía. Editores.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Artigos no Boletín da Real Academia Galega Arquivado 14 de febreiro de 2023 en Wayback Machine. (en castelán).