Antón Dobao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1963 (60 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Actividade | |
Ocupación | escritor , tradutor , cineasta |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información. Traballa como lingüista na TVG desde 1986. Membro do comité de redacción da revista A Trabe de Ouro.
Participou no ano 2003 no libro Xuro que nunca volverei pasar fame, editado polas Redes Escarlata, organización á que pertence. Tamén é un dos impulsores de ProLingua.
A súa actividade como cineasta desenvólvese principalmente arredor do proxecto Un mundo de historias.
Foi membro da Coordinadora Nacional e da Comisión Permanente da organización Anova-Irmandade Nacionalista, das que dimitiu tras as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. En xaneiro de 2024, abandonou a organización.
Obra literaria[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Desde o teito da noite, 1987, Xerais.
- Caderno dos dereitos e das horas, 1994, Deputación da Coruña.
- O tempo entre murallas, 1997, Xerais.
- Materia, 2005, Xerais.
- Onde o ollar comeza a doer, 2007.
Narrativa[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Traducións[editar | editar a fonte]
- A revolta dos animais de George Orwell, 1992, Positivas.
- As once mil vergas de Guillaume Apollinaire, 1992, Positivas, col. Popular (tradución dos poemas. O texto narrativo foi traducido por Ana Castiñeira Real)[1]
- Mr. Vertigo de Paul Auster, 1996, Sotelo Blanco.
- Nove contos de J. D. Salinger, 1996, Sotelo Blanco.
- Se comes un limón sen facer xestos de Sergi Pàmies, 2008, Xerais.
Premios[editar | editar a fonte]
- Accésit do Premio Miguel González Garcés no 1994, por Caderno dos dereitos e das horas.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Dentro do proxecto Un mundo de historias, dirixiu:
- A biblioteca da iguana, 2005.
- O bosque de Levas, 2006.
- A mariñeira, 2007.
- O club da calceta, 2008.
- Sinbad, 2011.
Como produtor:
- Pataghorobí, 2005.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha da obra Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BITRAGA.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antón Dobao na Biblioteca Virtual Galega.
- Antón Dobao na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Filmografía en AVG
- Xustiza Poética, Blog de Antón Dobao
- República da Multitude, Blog de Antón Dobao (pechado)