Juan Moreno Tilve
(Redirección desde «Xoán Moreno Tilve»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1876 Santiago de Compostela, España |
Morte | 28 de novembro de 1936 (59 anos) Paracuellos de Jarama, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Páxina web | congreso.es… |
Juan Moreno Tilve, nado en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1876 e finado en Paracuellos de Jarama o 28 de novembro de 1936[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Avogado, pertenceu a directiva do Círculo Católico de Obreros. Foi concelleiro de Santiago de Compostela. Fundou en 1920 o xornal El Compostelano. Simpatizante maurista, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Santiago de Compostela o 19 de decembro de 1920. Casou con Dolores Díaz-Varela Ituarte.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 27-11-1943, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabo, Miguel; Miguez, Antonio (2009). "El maurismo en Galicia. Un modelo de modernización conservadora en el marco de la Restauración". Hispania. Revista Española de Historia LXIX (231): 87–116. Consultado o 25 de xuño de 2013.