Xavier Navaza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1948 (75 anos) Lalín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Gonzalo Navaza |
Xavier Navaza Blanco, nado en Lalín o 9 de agosto de 1948, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo estudos de Enxeñería Técnica Naval en Ferrol e licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona (1976). Traballou en Tele-Exprés e na revista Plataforma. De volta a Santiago de Compostela foi fundador e colaborador de Teima e correspondente en Galicia de El Periodico de Catalunya, Pueblo e Informaciones. Foi nomeado xefe do gabinete de prensa da Xunta de Galicia no gabinete técnico da Consellería de Presidencia en 1979,[1] permanecendo no posto ata 1990. Despois foi subdirector de Xornal Diario de Pontevedra (1991) e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG (1991). Foi columnista de El Correo Gallego.
Obra[editar | editar a fonte]
- Disparos (Edicións Xerais, 1991)
- Sumud. Conversa con Palestina (2003)
- A triloxía El laberinto gallego:
- La guillotina del centro (2006)
- La conjura de Raxoi (2007)
- Crónicas de barones, leonados y coroneles (por publicar)
- El último amante de Marilyn (Alvarellos, 2012)
- Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación (Xerais, 2015)
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Ten dez irmáns, entre eles Gonzalo e Luis Navaza.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 31-8-1979, p. 19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Navaza Blanco, Xavier". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 67–68. ISBN 978-84-96368-00-2.