Atol Tureia
Tureia | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | Tekaruga |
Linguas | |
Poboación (2007) | 318 hab. |
Superficie | 8´3 km² |
Superficie lagoa | 47 km² |
Nº de illas | 28 |
Coordenadas | 20°50′S 138°33′O / -20.833, -138.550Coordenadas: 20°50′S 138°33′O / -20.833, -138.550 |
Maior Altura | |
Localización | |
Tureia é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado ao sueste do arquipélago, a 1.100 km ao sueste de Tahití e 115 km ao norte de Mururoa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
É un atol pequeno, cunha superficie de 8,3 km². Ten forma de rombo, con 13 km de longo e 7,4 km de ancho. O atol non ten ningún paso cara á lagoa interior. As terras emerxidas forman un grande illote, de 22,5 km de longo e 250 metros de media de ancho, que ocupa a metade este, e a metade oeste complétana 27 illotes. A vila principal é Hakamaru. Dispón de diversas construcións do Centro de Experimentación do Pacífico (refuxios, cisternas, aeroporto, centro meteorolóxico), abandonadas desde 1996, cando finalizaron as probas nucleares francesas.
Historia[editar | editar a fonte]
Historicamente coñecíase co nome de Papahena. O atol foi descuberto en 1791 polo inglés Edward Edwards, mentres buscaba aos amotinados do Bounty, e chamouno Carysfort.