Atol Tepoto Norte
(Redirección desde «Tepoto Norte»)
Tepoto Norte | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | Tepoto |
Linguas | |
Poboación (2007) | 44 hab. |
Superficie | 4 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 1 |
Coordenadas | 14°8′S 141°24′O / -14.133, -141.400Coordenadas: 14°8′S 141°24′O / -14.133, -141.400 |
Maior Altura | |
Localización | |
Tepoto é un atol do grupo das illas da Decepción, no arquipélago das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Napuka. Está situado a 16 km ao noroeste de Napuka.
Xeografía[editar | editar a fonte]
É un atol coa lagoa seca, de 2,6 km de longo e 800 m de ancho. A superficie total é de 4 km². A vila principal é Tehekega cunha poboación de 44 habitantes no censo de 2007. Chámaselle coa orientación Norte para diferencialo de Tepoto Sur, tamén nas Tuamotu nas illas Raevski.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi descuberto polo inglés John Byron en 1765, pero ao ser pequeno e illado tivo poucos contactos co mundo occidental.