Tanganica
Nomeado en referencia a | Lago Tanganica | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Dar es Salaam | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 9 de decembro de 1962 | |||
Disolución | 26 de abril de 1964 | |||
Sucedido por | Tanzania | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | república | |||
Membro de | ONU (1961–1964) | |||
Moeda | Xelim da África Oriental (pt) | |||
Tanganica, Tanganika ou Tangañika (en inglés e suahili Tanganyka) foi un estado soberano da África oriental, que levaba o nome do lago Tanganica, que conformaba a súa fronteira occidental. Tamén tiña fronteiras cos Grandes Lagos Africanos, á parte do de Tanganica, co de Vitoria e o Niassa, como tamén co océano Índico. Corresponde talmente coa zona continental da actual Tanzania.
Existiu entre 1961 e 1964. Primeiro independizouse do Reino Unido o 9 de decembro de 1961 como reino da Commonwealth de Nacións antes de converterse nunha república da Commonwealth de Nacións un ano despois. Tras asinar os Artigos da Unión o 22 de abril de 1964 e a Acta da Unión o 25 de abril, Tanganica uniuse oficialmente coa República Popular de Zanzíbar e Pemba para formar a República Unida de Tanganica e Zanzibar no Día da Unión, o 26 abril de 1964.[1] O novo estado poñeríase o nome de República Unida de Tanzania pouco despois.[2]
Historia[editar | editar a fonte]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Anteriormente fora colonia alemá. A colonia de África Oriental Alemá foi adxudicada aos británicos coa firma do Tratado de Versalles trala Primeira Guerra Mundial, xa que non foi conquistada a Alemaña. O nome apareceu como Territorio baixo mandato das Tanganyika trala resolución da Sociedade de Nacións en 1922.
En 1946 converteuse nun territorio baixo fideicomiso de Nacións Unidas, tamén baixo control británico, e o 9 de decembro de 1961 accedeu á independencia. En 1964, uniuse coa illa de Zanzíbar para formar Tanzania (Tan fai referencia a Tanganyka, e zan a Zanzíbar).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "United Republic of Tanzania; Union of Tanganyika and Zanzibar act, 1964".
- ↑ Katundu, Mangasini (August 2015). "Tanzania's Constitutional Reform Predicament and the Survival of the Tanganyika and Zanzibar Union". The Journal of Pan African Studies 8 (3).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tanganica |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Tangañika". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.