Santiago Iglesias
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1872 ![]() Donostia, España ![]() |
Morte | 5 de decembro de 1939 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() |
Lugar de sepultura | Santa María Magdalena de Pazzis Cemetery (en) ![]() ![]() |
Comissário Residente de Porto Rico (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , sindicalista ![]() |
Partido político | Socialist Party (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Santiago Iglesias Pantín, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1872 e finado en Washington, D.C. o 5 de decembro de 1939, foi un político e sindicalista galego, organizador do primeiro partido socialista de Porto Rico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Placa_Santiago_Iglesias_Pant%C3%ADn_na_Coru%C3%B1a.jpg/220px-Placa_Santiago_Iglesias_Pant%C3%ADn_na_Coru%C3%B1a.jpg)
Estudou en Galicia e foi aprendiz de ebanista. Embarcouse en 1887 para Cuba. Na Habana participou na organización de actividades sindicais. En 1896 abandonou Cuba e embarcouse coa intención de viaxar a Inglaterra; non obstante, desembarcou en Porto Rico. En maio de 1897 fundou Ensayo Obrero. Foi encarcerado e pasou sete anos en prisión. Fundou o Partido Obreiro Socialista de Porto Rico e o Partido Socialista Portorriqueño, que representou no Senado dos Estados Unidos (1917-1932). Formou parte do primeiro Comité de Conferencias que dirixiu un Manifesto aos Traballadores da América Latina en 1918. Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Porto Rico en Washington, e interveu no Congreso dos Estados Unidos de América para reclamar unha lexislación federal para a illa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Iglesias ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Iglesias Patín, Santiago". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Mourelle de Lema, Manuel (2010). Santiago Iglesias Pantín. Un político circunstancial gallego en Puerto Rico. Madrid: Grugalma. ISBN 978-84-88081-24-7.
- Pérez Leira, Lois (2009). Protagonistas de una epopeya colectiva (en castelán) (2ª ed.). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-8-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fernández, Tomás e Tamaro, Elena (2004). "Biografia de Santiago Iglesias Pantín" biografiasyvidas.com (en castelán).