Salvador Mosteiro Pena
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1896 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 11 de maio de 1982 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | odontólogo , lexicógrafo ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Salvador Mosteiro Pena, nado en Betanzos o 24 de febreiro de 1896 e finado na Coruña o 11 de maio de 1982, foi un médico e lexicógrafo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/1929_C%C3%A9sar_Otero%2C_Jos%C3%A9_Berguer%2C_Pardo%2C_Liste_Mourenza%2C_Abelaira%2C_Salvador_Mosteiro%2C_Manuel_Cabanillas%2C_Calvi%C3%B1o_Dom%C3%ADnguez_e_A._Villar_Ponte._Laureano_Alonso%2C_Eladio_Rodr%C3%ADguez%2C_Pedrayo%2C_Risco%2C_del_Castillo_e_Rafael_Gonz%C3%A1lez_V..jpg/300px-thumbnail.jpg)
Estudou medicina e odontoloxía en Santiago de Compostela e Madrid. Ampliou estudos en París en 1923. Regresou a Galicia e exerceu a odontoloxía en Lugo e na Coruña.
Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Como membro da Irmandade de Betanzos participou na Asemblea Nazonalista de Lugo (1918). Nos anos vinte fundou en Madrid a Mocedade Céltiga con Fermín Penzol. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Buenos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte do comité executivo que organizou a primeira Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930.
Obras[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O Vocabulario das Irmandades da Fala, publicado no Portaldaspalabras.gal o 5 de maio de 2016; inclúe documento PDF co vocabulario dixitalizado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Mosteiro Pena ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Delgado Corral, Concepción (2009). "Homenaxe a Salvador Mosteiro Pena" Anuario Brigantino, 32.