Síntese moderna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Síntese evolutiva moderna»)
Tamén redirixen aquí síntese evolutiva, teoría sintética da evolución, síntese neodarwinista e síntese moderna (bioloxía evolutiva).

Os termos síntese moderna ou síntese evolutiva moderna refírense a varios puntos de vista sobre a bioloxía evolutiva, concretamente:

  • Síntese moderna (século XX), o termo acuñado por Julian Huxley en 1942 que se refire á síntese entre a xenética mendeliana e a teoría da selección natural de Darwin, que se produciu ao longo do século XX.
  • Neodarwinismo, o termo acuñado por George John Romanes en 1895 para referirse á revisión da teoría de Charles Darwin, que este formulara inicialmente en 1859. Orixinouse a finais do século XIX, pero o termo seguiu usándose durante o século XX, moitas veces equiparándoo de forma xeral coa síntese moderna posterior.