Illa Riesco
Riesco | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Chile |
Rexión | Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena |
Arquipélago | Terra de Lume |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 53°0′S 72°30′O / -53.000, -72.500Coordenadas: 53°0′S 72°30′O / -53.000, -72.500 |
Xeografía | |
Superficie | 5.110 km² |
Longura máxima | 120 km |
Largura máxima | 75 km. |
Punto máis alto | 1.830 m. Monte Atalaya |
Demografía | |
Poboación | 156 hab. (2002) |
Densidade | 0'03 hab./km² |
A illa Riesco é unha illa de Chile localizada no extremo meridional de América do Sur, na ribeira setentrional do estreito de Magallanes. Administrativamente, a illa pertence á comuna de Río Verde, Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Ten unha superficie de 5.005 km², que a converten na cuarta illa maior do país.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A illa ten os seguintes límites:
- ao suroeste, as augas do estreito de Magallanes, fronte á illa Santa Inés;
- ao oeste, o seo Skyring, que a separa da illa Gamero e do continente;
- ao noeste, o canle Fitz Roy, que a separa do continente;
- ao sueste, o seo Otway, cuxas augas sepárana da península Brunswick, tamén continente;
Na súa porción occidental atópase a Reserva Nacional Alacalufes.
Habitada primeiramente polos kawéskar, hoxe a illa caracterízase por unha decena de estancias, todas en mans de particulares, nas que a crianza de ovellas é unha das principais labores que alí se realiza. Isto grazas ás súas amplas chairas, sen prexuízo de que algúns dos sectores, como cabo León, posúen relevo irregular que mestura a paisaxe montañosa dos Andes patagónicos, bosque de coigüe de Magallanes e planicie. Ademais, na illa hai un importante reduto de huemules en estado salvaxe.
Na historia da illa tamén figura que algúns sectores serviron como campos de concentración durante o goberno militar, segundo consta nalgúns testemuños de persoas que viviron esa época.
Minería[editar | editar a fonte]
A illa posúe grandes reservas de carbón. Ao norte da illa atópase a mina Elena, que comezou a ser explotada por un francés a finais do século XIX. Logo de anos de abandono, o noruegués Ove Larsen Gude abriu a mina en 1921. Nos anos 1930, a produción de carbón ascendía a dous mil toneladas mensuais e sumábase ao extraído desde os xacementos Magdalena e Josefina, tamén na illa.
O xacemento Estancia Invierno foi estudado polo Comité de Carbóns da Corporación de Fomento da Produción (CORFO) entre os anos 1978 e 1981. No lugar, que abarca 4.030 hectáreas, se cubicaron reservas por un total de 670 millóns de toneladas de carbón, das cales preto de 280 millóns de toneladas corresponden á categoría de reservas probadas e o resto á categoría de probables.
Durante os anos 2000, a sociedade mineira Illa Riesco, constituída por capitais de Empresas Copec e Ultramar, adxudicouse as minas Elena e Río Eduardo e Estancia Invierno, este último xacemento manterase en poder de BHP Billiton ata o ano 2017, data en que expira o seu contrato de concesión.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Riesco |