Carmen Avendaño
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carmen Avendaño Otero 21 de novembro de 1945 (78 anos) Vigo, España |
Concelleira de Vigo | |
17 de xuño de 1995 – | |
Q93111820 | |
1995 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | activista , política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Carmen Avendaño Otero, nada en Lavadores (Vigo) o 21 de novembro de 1945,[1] é unha muller coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia. É presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando os grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ó Drogodependente. A partir de 1995 foi concelleira do PSOE no Concello de Vigo e deputada provincial do PSOE en Pontevedra. Tamén foi membro da asemblea xeral de Caixanova[3] e do consello de administración do Real Club Celta de Vigo.[4] Segundo o diario El Correo Gallego figuraba no posto 94 na lista dos 125 galegos máis influentes.[5]
En 2005 rodouse en Galicia o filme Heroína, protagonizado por Adriana Ozores e baseado na súa historia. Leva o seu nome o Centro de Inserción Social de Vigo, inaugurado en 2006, que acolle condenados que cumpren o terceiro grao ou que fan traballos comunitarios.
Premios[editar | editar a fonte]
Recibiu, entre outros galardóns:
- Premio Xustiza e Sociedade (1993)
- Premio Nacional do PSOE Rosa Manzano
- Premio La Voz de Galicia á Solidariedade (1998)
- Premio Sardiña de Ouro do Concello de Vigo (1999)
- Premio Galicia en Feminino (2002)
En 2010 a raíña Sofía entregoulle a Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social, como recoñecemento ao seu compromiso persoal en defensa dos mozos afectados pola adicción ás drogas e pola súa actitude decidida de loita contra o tráfico de drogas.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Avendaño Otero, Mª Carmen". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 47. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Orde do 13 de decembro de 1999, DOG.
- ↑ Informe anual 2009 de Caixanova Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ "Consello de administración do Real Club Celta de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2011.
- ↑ Artigo Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en El Correo Gallego (en castelán).
- ↑ "Orden SAS/1312/2010, de 11 de mayo, por la que se concede la Cruz de Plata de la Orden Civil de la Solidaridad Social a doña Carmen Avendaño Otero (Documento BOE-A-2010-8103).". BOE (123). 20 de maio de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Avendaño Otero, Mª Carmen". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 47-48. ISBN 84-8064-113-4.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, 2005.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Asociación Érguete-Vigo Arquivado 26 de decembro de 2012 en Wayback Machine..
- Fundación Érguete-Integración.
- Ficha de Carmen Avendaño Arquivado 29 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en Vieiros.