Xosé Díaz Andión
Biografía | |
---|---|
Nacemento | maio de 1892 Río de Castro, España |
Morte | abril de 1948 (55 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , tipógrafo , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Díaz Andión, nado en Río de Castro (Baleira) en maio de 1892 e finado en Madrid en abril de 1948, foi un tipógrafo, escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tipógrafo e funcionario de Correos, estudou na Escola Social de Traballo de Madrid, graduándose en 1934. Membro do Partido Republicano Radical Socialista ata a súa disolución, con posteriodidade membro do partido Izquierda Republicana. Foi redactor xefe de Galicia en Madrid e colaborou en El Imparcial, El Regional, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El Progreso, Labor, Raza Celta e Finisterre e outros periódicos galegos con textos de índole histórica. Destacan especialmente os artigos publicados no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo. Escribiu un traballo de carácter biográfico sobre o marqués de Rodil. Recibiu varios galardóns en certames literarios.
Obras[editar | editar a fonte]
- La historia y sus héroes, 1929.
- Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier, 1932, Librería Puga, Imprenta Diana, 46 pp.[1]
- Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (premio da Real Academia Galega, 1944).
- Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (premio da Real Academia Galega, 1946).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Los precursores de la libertad na BNE.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Díaz Andión, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 325–326.
- "Díaz Andión, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Díaz Andión, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 348.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cora, José de (1/6/2021). "José Díaz Andión" El Progreso (en castelán).